Pestanas principais

Anuncio da aprobación definitiva do proxecto de expropiación das parcelas necesarias para poder construír un novo CEIP no Milladoiro

Mércores, 19 de decembro de 2018

[19-12-2018] A Xunta de Goberno Local aprobou de xeito definitivo, o pasado 29 de novembro, o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para poder executar o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para construír un novo CEIP na localidade do Milladoiro.Estas parcelas poranse a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta da Galicia, para a construción dun novo colexio público de infantil e primaria no Milladoiro. A superficie afectada polo Plan Especial, para a dotación de infraestruturas escolares, é de 20.000 metros cadrados, repartidos en 13 parcelas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio e mailo proxecto de expropiación.