Pestanas principais

Anuncio co resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación dunha brigada de espazos naturais do Concello de Ames

Martes, 14 de marzo de 2017

[14-03-2017] O Concello de Ames, a través do departamento de Recurso Humanos, informa do anuncio co resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a selección e contratación de dous postos de peóns para a brigada de xestión de espazos naturais do Concello de Ames. Establécese como data do primeiro exame da fase de oposición o día 20 de marzo, ás 11:00 horas, e dáse ata o 17 de marzo de prazo para interpoñer alegacións á puntuación obtida na fase de concurso. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.