Pestanas principais

Anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de oficiais xardineiros

Martes, 31 de xaneiro de 2017

[31-01-2017] O Concello de Ames publica o anuncio co resultado da baremación do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de oficiais xardineiros. Establécese como data para a reclamación contra a puntuación outorgada na fase de concurso o 6 de febreiro de 2017. O primeiro exercicio da fase de oposición será o vindeiro luns, 13 de febreiro de 2017, ás 11:45 horas, debendo os/as aspirantes presentarse para o seu chamamento ás 11:30 horas. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.