Pestanas principais

A ANPA da escola infantil da Madalena organiza un sorteo de Nadal e un reparto de agasallos entre o alumnado

Venres, 11 de decembro de 2020

Dende a ANPA da escola infantil municipal da Madalena, organízase un sorteo de Nadal para os/as socios/as co obxectivo de recadar fondos e deste xeito beneficiar aos nenos e nenas e as súas familias. Ademais, levarase a cabo un reparto de pequenos agasallos entre o alumnado. 

Coa chegada do Nadal, a Asociación de Nais e País da escola infantil municipal da Madalena organiza dúas iniciativas para recadar fondos e poder beneficiar tanto ao alumnado como as súas familias.

Tendo en conta as medidas hixiénico-sanitarias para facer fronte á Covid-19, as actividades adaptaranse ás circunstancias. O vindeiro luns, 14 de decembro, a escola, en colaboración co Concello, recibirá a visita de Papá Noel, que repartirá entre os cativos e cativas un pequeno agasallo para desfrutar das vacación do Nadal. 

Ademais a ANPA organiza un sorteo de Nadal en colaboración con Supercor, Fílmate estudios fotográficos, e Frutas e verduras Lorenzo. Ao pagar a cota de 10 euros para facerse socio/a da ANPA, todos os socios e socias, entrarán no sorteo dunha cesta de nadal, unha fotografía familiar de estudio de 20x25 centímetros, e un pack de uvas de fin de ano para 6 persoas. 

Trátase dunha campaña para que os pais e nais con alumnado na EIM A Madalena se faga socio/a da ANPA. Dende a asociación, recordan que as persoas interesadas aínda poden anotarse como socias até o sábado, 12 de decembro.

O sorteo, cuxas bases pódense ver premendo nesta ligazón do Facebook da ANPA da Madalena, celebrarase publicamente o día 16 de decembro ás 19.30 horas. 

Está previsto que en vindeiras datas a ANPA da Madalena organice novos sorteos e iniciativas para recadar fondos en beneficio do alumnado.

sorteo Nadal 2020

Multimedia

  • cartel da visita de Papa Noel