Pestanas principais

Ángel Maneiro e Tamara Seijas gañan a primeira proba do circuíto Transgalaica 2026 que se disputou en Ames

Luns, 02 de marzo de 2026

O Club de ciclismo amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, coa colaboración do Concello de Ames, organizaron este domingo, 1 de marzo, a primeira proba do circuíto Transgalaica 2026. Foi a décima ocasión na que o concello acolleu este evento deportivo, que é un dos circuítos de BTT máis importante do noroeste español e unha das citas con maior repercusión no mundo do ciclismo. Nesta edición participaron 341 ciclistas. O circuíto discorreu por diferentes lugares de Ames e tiña unha distancia de 32 quilómetros. Os/as ciclistas tiñan que dar dúas voltas a dito circuíto completando un percorrido de 64 quilómetros. Preme nesta ligazón para ver a galería de fotos da Transgalaica.

Este pasado domingo, 1 de marzo, o concello de Ames inaugurou o circuíto de BTT máis importante do noroeste español. A Transgalaica Ames 2026 foi a primeira das cinco probas que percorren a xeografía galega este ano, convertendo a Bertamiráns no epicentro do ciclismo nacional. Con 10 anos de historia consecutiva (salvo a paréntese de 2021 por mor da situación epidemiolóxica provocada pola Covid), esta cita é xa un emblema pola súa beleza paisaxística. O Pazo da Peregrina e o icónico Monte San Marcos volveron a ser algúns dos lugares por onde discorreu esta proba de ciclismo de montaña.

A Transgalaica Ames 2026 estivo organizada polo club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, e, ademais, contou coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Ames. Este ano o circuíto de bicicleta de montaña Transgalaica conta con cinco probas: a primeira celebrouse en Ames, e seguiranlle o 15 de marzo a proba de Silleda, o 29 de marzo a de Cerdedo-Cotobade, o 26 de abril a proba de Friol e o 10 de maio pecharase o calendario na Estación de Manzaneda. 

Clasificacións xerais
Na categoría masculina os tres primeiros ciclistas en chegar á liña de meta foron: Ángel Maneiro Rodríguez, do Club Peña Ciclista Toxo, cun tempo de 2:42:11 (da categoría Elite); Daniel García Castaño, do Club de Montaña Xesteiras, cun tempo de 2:44:20 (da categoría Elite); e Rubén Deaño Cajide, do Club Ciclista Ourense Termal, cun tempo de 2:44:55 (da categoría Elite).

Por outra banda, na categoría feminina a primeira ciclista en cruzar a liña de meta foi Tamara Seijas Fernández, do Club de Montaña Xesteiras, cun tempo de 3:14:49 (da categoría Elite). A segunda en chegar á meta foi Mar Delgado González, tamén do Club de Montaña Xesteiras, cun tempo de 3:32:44 (da categoría Elite); mentres que a terceira en completar o percorrido foi Raquel Román Sarmiento, do Club Extol MTB Team, cun tempo de 3:34:59 (da categoría Elite). 

Na Transgalaica do futuro o primeiro clasificado foi Xurxo Piñeiro Yáñez, do Club Ciclista terra Cha Vilalba, cun tempo de 1:41:29; segundo clasificado foi Víctor Manuel Lastra Fernández, do Club Ciclista Farto, cun tempo de 1:43:30; e en terceira posición quedou Samuel Tomé Fernández, do Club Peña Ciclista Toxo, cun tempo de 1:44:13. Premendo nesta ligazón podes consultar todas as clasificacións

Percorrido da proba
Nesta edición participaron 341 ciclistas. O circuíto discorreu por diferentes lugares de Ames e tiña unha distancia de 32 quilómetros. Os/as ciclistas tiñan que dar dúas voltas a dito circuíto completando un percorrido de 64 quilómetros e que contou cun desnivel de 1.600 metros. A saída e chegada estivo instalada diante do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O percorrido desta edición foi moi semellante ao da pasada edición. Os/as ciclistas tiveron que completar un circuíto que discorreu polas inmediacións de Aldea Nova, Covas, Augapesada, seguindo por Lamas, ata chegar ás instalacións do Real Aeroclub de Santiago en Piñeiro. 

A continuación pasouse polo alto do Monte Liñaredo, arredores do Monte San Marcos e Ventosa. Dende aí volveuse cara Bertamiráns pola emblemática baixada da alta tensión do monte que está preto de Aldea Nova. Na segunda volta, non se subiu á zona de Aldea Nova e os participantes foron directamente polo sendeiro fluvial Rego dos Pasos.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Ángel Maneiro y Tamara Fraga dominan con autoridad la Transgalaica de Ames"

Amsgo!: "Ángel Maneiro e Tamara Seijas gañan a primeira proba do circuíto Transgalaica 2026"

Diario de Santiago: "Ángel Maneiro e Tamara Seijas gañan a primeira proba do circuíto Transgalaica 2026 que se disputou en Ames"

Ángel Maneiro e Tamara Seijas gañan a primeira proba do circuíto Transgalaica 2026 que se disputou en Ames

Multimedia

  • Ángel Maneiro e Tamara Seijas gañan a primeira proba do circuíto Transgalaica 2026 que se disputou en Ames