[10-07-2012] As padexeiras do club de piragüismo Ribeiras do Tambre-Ternera Gallega de Ames lograron a primeira posición na categoría muller cadete K-2, na distancia de 200 metros, da Copa Galega Pista 2012. Ademais deste éxito, este mesmo K-2 logrou a medalla de prata na distancia dos 500 metros, e Irene Mirás na modalidade de K-1 logrou a medalla de prata na distancia de 200 metros e un 4º posto na distancia de 500 metros. Na clasificación por clubs, o club de Ames, Ribeiras do Tambre, acadou o posto 22 neste Campionato Galego sénior, júnior e cadete. Este campionato disputouse os días 7 e 8 de xullo no Embalse de Verducido (Pontevedra).

Nos últimos anos o Concello de Ames traballou en colaboración co Club Ribeiras do Tambre-Ternera Gallega para impulsar o piragüismo e dar a coñecer este deporte entre os seus veciños. Os éxitos deportivos e as vitorias en regatas galegas, nacionais e internacionais acompañan ao Club Ribeiras do Tambre-Ternera Gallega nos seus 27 anos de historia.
Andrea Tomé Pérez e Irene Mirás Vázquez do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre- Ternera Gallega de Ames quedaron campioas galegas da categoría muller cadete da modalidade de K-2 e na distancia de 200 metros no campionato galego pista sénior-junior-cadete- XVII Copa Galega Pista 2012, celebrado este pasado fin de semana no Embalse de Verducido (Pontevedra).
Ademais deste éxito, este mesmo K-2 logrou a medalla de prata na distancia dos 500 metros, e Irene Mirás na modalidade de K-1 logrou a medalla de prata na distancia de 200 metros e un 4º posto na distancia de 500 metros. Na clasificación por clubs, o club de Ames, Ribeiras do Tambre, acadou o posto 22 neste Campionato Galego sénior, júnior e cadete.





