Pestanas principais

A andaina saudable de decembro percorrerá este sábado 10 a ruta Noia-Portosín

Martes, 06 de decembro de 2022

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do seu programa de Andainas Saudables, organiza para este mes unha nova actividade pola ruta que conecta Noia e Portosín, que se desenvolverá este sábado, 10 de decembro. Haberá dispoñible un servizo de autobús, con saída dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:45 horas e dende a Praza do Concello de Bertamiráns ás 10:00 horas. Para participar cómpre inscribirse premendo nesta ligazón ata o xoves 8 de decembro, ás 14:00 horas.

A Concellaría de Promoción da Saúde dálle continuidade ao programa municipal de andainas saudables cunha nova actividade para este sábado, 10 de decembro. Nesta ocasión trátase dunha ruta de once quilómetros que transcorre entre as vilas de Noia e Portosín, polo que se recomenda levar roupa e calzado axeitado. Os participantes sairán da ponte de Noia en dirección Riveira, e pasarán por distintos sendeiros ao carón das praias que se atopen ao seu paso ata chegar ao club náutico de Portosín e ao areal de Boa.

Para esta actividade dispoñerase dun servizo de autobús, que sairá ás 9:45 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:00 horas da Praza do Concello de Bertamiráns. Hai dispoñibles 70 prazas, de maneira que as persoas interesadas en percorrer a ruta deben apuntarse cubrindo o formulario que se pode atopar premendo nesta ligazón ou escaneando o código QR do cartaz anexo. O prazo remata este xoves, 8 de decembro, ás 14:00 horas.

Programa Andainas Saudables
As andainas saudables organízanse unha vez ao mes, sempre durante as fins de semana. Ao longo deste ano realizáronse numerosas saídas que teñen como obxectivo complementar as actividades levadas a cabo co programa SaúdeAndo, completando recorridos de maior dificultade.

Durante os últimos meses as persoas que se inscribiron puideron realizar rutas pola Vía Verde entre Cerceda e Oroso, polos muíños de Riamontes ou pola Illa de Arousa, entre outras.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Andaina saudable de Noia a O Son esta fin de semana"

 

Na andaina percorreranse arredor de once quilómetros

Multimedia

  • A andaina saudable de decembro percorrerá este sábado 10 a ruta Noia-Portosín