[10-12-2014] Ana Ruso Valiña, de 26 anos e natural da parroquia de Agrón, será a nova concelleira do Partido Popular no Concello de Ames. A número catorce da candidatura do PP substituirá a Carmen Verde Leboráns, trala súa renuncia o pasado dous de decembro. Igualmente renunciaron os seguintes membros da lista, Manuel Picallo Rodeiro e Consuelo Parapar Cora, renuncia acordada co cabeza da candidatura, Santiago Amor, por motivos persoais e por residir fóra de Galicia respectivamente.
Ana Ruso, que será a concelleira máis xove da corporación municipal amesá que preside Santiago Amor, tomará posesión da súa acta de concelleira nun pleno cuxa data de celebración está por determinar, debido á trámites previos que deben facerse ante a Xunta Electoral.
Ruso xa fora concelleira popular na anterior lexislatura e pertence ao partido desde a súa militancia en Novas Xeracións.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "El PP de Ames incorpora una edila afín al gobierno de Santiago Amor"