Pestanas principais

Amplíase o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates Nadal 2013

Venres, 13 de decembro de 2013

[13-12-2013] A Concellería de Promoción Económica ampliou ata o 17 de decembro o prazo para participar na nova edición do Concurso de Escaparate Nadal 2013, que ten como obxectivo dinamizar o comercio amiense e estimular as compras. Os escaparates deberán estar decorados con motivos e adornos que teñan como tema principal as Festas de Nadal. Deste xeito, as solicitudes de inscricións poderán presentarse ata o 17 de decembro en horario de 09:00 a 14:00 horas, nos rexistro municipais da Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas Oficinas Municipais do Milladoiro. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, os escaparates deberán estar expostos entre os días 18 de decembro de 2013 e o 5 de xaneiro de 2014. Aqueles escaparates que non se atopen montados no momento da visita dalgunha das persoas que forman parte do xurado quedarán excluídos do concurso. Repartiranse 2.000 euros entre os catro premios existentes. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de solicitude para participar no Concurso de Escaparates Nadal 2013.