Pestanas principais

Amplíase o mercado de rúa do Milladoiro

Venres, 30 de decembro de 2011

[30-12-2011] Hai pouco máis dun mes e medio que comezou a funcionar o mercado de rúa do Milladoiro e, debido ao gran éxito de afluencia e de vendas que está tendo, dende a Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, decidiron acometer unha ampliación deste mercadiño. O mercado de rúa do Milladoiro comezou a funcionar con 70 postos, pero dende o inicio naceu cun claro obxectivo de ampliación para poder incrementar o número de postos, así como a oferta comercial. Deste xeito dáse cumprimento a este obxectivo. Dende o vindeiro luns, 2 de xaneiro, o mercado de rúa do Milladoiro contará con 13 novos postos, polo que pasará a dispor de 83 puntos de venta. Os novos postos ofertarán produtos de horta, patacas, flores naturais, libros para nenos/as, queixo francés, téxtil e calzado.

Tal e como destacaba o concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, na inauguración do mercado de rúa do Milladoiro "este mercado nace cun claro obxectivo de ampliación para que nun corto prazo se poidan incrementar o número de postos así como a oferta comercial". Coa ampliación do mercado do Milladoiro dáse cumprimento ao dito hai pouco máis dun mes e medio polo concelleiro de Comercio e Promoción Económica.

A partir do vindeiro luns 2 de xaneiro o mercado de rúa do Milladoiro contará con 13 novos postos, polo que pasará a dispor de 83 puntos de venta. Os novos postos ofertarán produtos de horta, patacas, flores naturais, libros para nenos/as, queixo francés, téxtil e calzado. Para poder realizar esta ampliación habilitáronse novos espazos na praza de Manuel Murguía. Os vendedores ambulantes que dispoñen de novos postos neste mercado de rúa xa poderán comezar a traballar o próximo luns 2 de xaneiro.


Estes novos postos únense aos que xa están funcionando dende o pasado 21 de novembro. O mercado do Milladoiro conta con ofertas e importantes novidades con respecto ao de Bertamiráns. Entre as novidades destaca que hai un posto de venda de filloas, tres postos de artesanía, unha adega das Rías Baixas, dous postos de queixos, un posto de plantas e sete postos de venda de produtos de horta (froitas, hortalizas, etc). Tamén conta con dous postos de churros, e os típicos postos de calzado e téxtil. O mercado abre durante os meses de inverno en horario de 16:30 h a 19:30 horas, e no verán abrirá de 16:30 h a 20:30 horas.

O concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, explicou que "o mercado de rúa do Milladoiro está funcionado moi ben e está tendo unha gran afluencia e nivel de ventas dende a súa posta en marcha". Moar recalca que o mercado do Milladoiro "está tendo unha gran acollida tanto entre a veciñanza de Ames como da comarca. Temos constancia de que está vindo a comprar ao Milladoiro moita xente de Teo e de Santiago de Compostela". Por último o concelleiro de Comercio e Promoción Económica indica que "este mercado está supoñendo un gran motor económico para O Milladoiro, e en especial, para os vendedores ambulantes e para os comerciantes de Ames".



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El mercadillo de Milladoiro aumenta sus puestos a 83"