Pestanas principais

Ampliación do Programa de turismo e termalismo para persoas con discapacidade do 2012

Martes, 08 de xaneiro de 2013

[08-01-2013] O Concello de Ames informa a todos os veciños e veciñas de Ames que o IMSERSO e a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), a través deste concello, ofrece prazas para participar no Programa de Turismo e Termalismo para persoas con discapacidade, convocatoria 2012, mediante o que poderán gozar dunha estancia en habitacións dobres (de uso compartido) e en réxime de pensión completa, con monitores de apoio e transporte adaptado. Este programa está dirixido a persoas que acrediten un grao de discapacidade física ou orgánica igual ou superior o 33%, tendo prioridade aqueles discapacitados que superen o 50%. Ademais poden participar as persoas maiores de 16 anos (con autorización do seu pai, nai ou titor en caso de menores). Poderán asistir con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios, menores de 16 anos, sempre que se xustifique a imposibilidade de poder viaxar sen a súa compañía.

Por outra banda, poderán levar acompañante aquelas persoas que utilicen cadeira de rodas ou que requiran axuda para desenvolver ás actividades básicas da vida diaria. Os acompañantes abonarán o mesmo prezo que os beneficiarios, agás nos balnearios. As persoas que xa viaxasen no presente ano con algún programa de vacacións subvencionado polo IMSERSO non poderán viaxar con esta confederación. Existirá unha penalización no caso de que se cancele a viaxe con antelación inferior a 15 dias. A penalización irán en función dos días de antelación cos que se anule a reserva. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando do programa de turismo e termalismo para persoas con discapacidade do 2012.