[23-06-2016] Do 27 de xuño ao 1 de xullo, amplíase o prazo de inscricións na EMMA, para o alumnado nado no 2012. Estes alumnos/as poderán matricularse nas clases de Música e Movemento en horario de luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas. Quedan 7 prazas libres, que se cubrirán por orde de rexistro de entrada. A solicitudes poden descargarse premendo nas ligazóns que están a túa deita, baixo o apartado de DESCARGAS, ou recollerse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. A documentación pódese entregar no rexistro xeral do Concello de Ames, no rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, do 27 de xuño ao 1 de xullo.




