Pestanas principais

Ampla participación do club Atletismo MillaRaio nas fases zonal e provincial de campo a través do programa XOGADE

Mércores, 20 de decembro de 2023

Durante este mes de decembro celebráronse as fases zonal e provincial de campo a través do programa XOGADE de categorías escolares. Na fase zonal, celebrada en Acea de Ama (Culleredo) o 2 de decembro, o club Atletismo MillaRaio tivo representación en todas as categorías masculinas e femininas, enviando a un total de 51 atletas. Os catro equipos femininos conseguiron a clasificación para a fase provincial que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado sábado 16 de decembro.

O club Atletismo MillaRaio participou nas fases zonal e provincial de campo, a través do programa XOGADE de categorías escolares, durante este mes de decembro. A fase zonal celebrouse o pasado sábado, 2 de decembro, en Acea de Ama, Culleredo, onde o club amesán tivo representación en todas as categorías masculinas e femininas, enviando a un total de 51 atletas. Os catro equipos femininos conseguiron a clasificación para a fase provincial que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado sábado 16 de decembro.

Destacou o primeiro posto das rapazas sub10 que gañaron a clasificación por equipos nas dúas fases. Ademais, Celia Mella chegou en primeiro lugar da carreira sub10. Adriana Fernández Val (sub 14) e Lía Rouco García (sub12) conseguiron a clasificación individual para o campionato galego. Foi un excelente comenzo de tempada para as atletas máis pequenas do club Atletismo MillaRaio.

Novas relacionadas:

Ames Go: "O MillaRaio participou nas competicións de campo a través de XOGADE"

Ampla participación do club Atletismo MillaRaio nas fases zonal e provincial de campo a través do programa XOGADE

Multimedia

  • Ampla participación do club Atletismo MillaRaio nas fases zonal e provincial de campo a través do programa XOGADE