- Tematica
O pasado sábado 7 de xuño, a localidade de Xinzo de Limia acolleu a penúltima xornada da Liga Galega de Karate, onde a amesá Olivia Parga volveu a subir ao máis alto do podio.
O pasado 7 de xuño, celebrouse na localidade de Xinzo de Limia a 3º Xornada da Liga Galega de Karate, a penúltima cita desta temporada de karate dentro do calendario galego. Nesta ocasión, a amesá Olivia Parga volveu a acadar a medalla de ouro na modalidade de Kumite Cadete Feminino <47kg Avanzado.
Olivia Parga conseguiu alcanzar a vitoria nesta cita tras dous combates de alto nivel. O primeiro deles, gañando por un axustado 2-2 no que conseguiu pasar de ronda grazas a que foi a primeira en puntuar, e no segundo combate, vencendo con un 3-1.
Tras este triunfo, a karateka do Milladoiro colócase como a favorita para obter o triunfo na Gran Final da Liga Galega de karate que se celebrará o vindeiro 21 de xuño na localidade pontevedresa de Soutomaior.
Novas relacionadas:
AMSGO!: "Olivia Parga acadou a medalla de ouro na 3º Xornada da Liga Galega de Karate"
Bisbarra: "A amesá Olivia Parga consegue o ouro e está máis preto de gañar a Liga Galega de Karate"







