- Tematica
A atleta amesá María Estévez vén de acadar unha valiosa quinta posición na proba dos 1.500 metros do Campionato de España Short Track sub20, celebrado a pasada fin de semana do 20 ao 22 de marzo na cidade catalá de Sabadell. Esta competición foi a derradeira da tempada de Short Track, a denominación que se lle dá ás probas en pistas de 200 metros no canto dos 400 metros habituais. Este ano, Estévez xa gañara o ouro no Campionato de España de campo a través coa selección galega sub20, e logrou o subcampioa no Campionato Galego de Campo a través Sub-20.
Novo éxito para o deporte amesán logo de que a xove atleta María Estévez acadase esta pasada fin de semana a quinta posición na proba dos 1.500 metros do Campionato de España de Short Track sub20, celebrado en Sabadell. Estévez participou nesta competición defendendo o título de campioa galega.
A deportista de Ames destacou na competición, quedando ás portas de meterse no podio. Ademais desta quinta posición, tamén conseguiu durante esta fin de semana a súa mellor marca persoal con 04:36, nun contexto moi esixente.
A competición reuniu a máis de 500 atletas na Pista Cuberta de Cataluña Carmen Valero na súa 52ª edición. Unha cita organizada pola Real Federación Española de Atletismo xunto coa Federación Catalana de Atletismo e desenvolvida ao longo de sesións. Esta proba supón a despedida da tempada invernal de Short Track, a denominación para referirse ás pistas de 200 metros.
Bo ano para María Estévez
Esta quinta posición chega nun ano doce para a xove atleta. No mes de xaneiro, María Estévez xa conseguira unha medalla de ouro coa selección galega sub20 no Campionato de España a campo a través individual e por federacións autonómicas, celebrado en Córdoba. Unha vitoria histórica para o atletismo galego. Previamente, logrou o subcampioa no Campionato Galego de Campo a través Sub-20.
Bolsas municipais ao deporte
María Estévez é unha das deportistas, que dentro da convocatoria de 2025, obtivo unha bolsa dirixida a deportistas de Ames polo seu rendemento deportivo. En concreto María Estévez obtivo dita bolsa por ser subcampioa no campionato Xunta de Galicia sub 18 de atletismo en pista curta, na proba de 800 metros, en 2024.
Dita convocatoria está dotada de 10.000 euros e ten como obxectivo apoiar a práctica e o rendemento deportivo, así como posibilitar a participación dos e das deportistas do concello en eventos deportivos. Cada deportista puido optar a unha axuda máxima de 700 euros.
Novas relacionadas
La Voz de Galicia: "María Estévez, atleta de Ames, mejora su marca personal en Sabadell"







