Pestanas principais

Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer

Martes, 21 de setembro de 2021

O 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer. Por este motivo, esta tarde – noite, a Casa do Concello iluminarase de cor verde coa intención de ser partícipes na campaña de sensibilización desta enfermidade.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, súmase á convocatoria realizada pola Confederación Española de Alzheimer, coa pretensión de facer visible as consecuencias directas e indirectas que ten esta enfermidade. O edificio administrativo tinguirase de verde mostrando o seu apoio ás reivindicacións propostas pola CEAFA.

Baixo o lema "Cero omisións, cero alzheimer", o Día Mundial do Alzheimer de 2021 busca reivindicar a importancia do diagnóstico precoz, como punto de partida básico e imprescindible para chegar a tempo non só na detección de casos, senón, sobre todo, para poder poñer en marcha os necesarios procesos de intervención terapéutica que han de dirixirse ao conxunto da familia afectada polo Alzheimer ou outro tipo de demencia.

Igualmente, o diagnóstico é a ferramenta imprescindible para reducir as alarmantes cifras que representa o infradiagnóstico desta enfermidade neurodegenerativa que, de acordo coa Sociedade Española de Neuroloxía, pode alcanzar ao redor do 30% de casos sen diagnosticar.
 
Ademais, e seguindo o lema escollido, quérese facer un repaso por determinadas cuestións que deben estar sempre tamén encima da mesa, é dicir, aspectos sobre os que non hai que calar, que non hai que omitir nas reivindicacións, actuais e futuras, que poidan lanzarse desde o movemento asociativo e que seguro poderán ser asumidas tamén polo resto de axentes -públicos e privados- que interveñen na loita contra o Alzheimer e outras demencias.

Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer

Multimedia

  • Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer
  • Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer