Pestanas principais

Ames súmase á conmemoración do Día Mundial da EPOC iluminando de laranxa a Casa do Concello

Mércores, 16 de novembro de 2022

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, colabora coa Asociación nacional de Pacientes con EPOC (APEPOC), para conmemorar o Día Mundial da EPOC que se conmemora o 16 de novembro de cada ano. Deste xeito, vaise iluminar durante a tarde – noite deste mércores á Casa do Concello de cor laranxa na honra de todas las persoas afectadas pola EPOC, sumándose así a este movemento mundial.

O día 16 de novembro de 2022 celébrase o Día Mundial da Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC,) para concienciar sobre a prevención e detección precoz desta enfermidade, que afecta a un 12% da poboación maior de 40 anos en España. A EPOC é unha enfermidade crónica que representa a cuarta causa de mortalidade en España e a terceira no mundo. Ademais, o colectivo afectado por dita enfermidade sufriu gravemente os estragos da pandemia sendo unha das morbididades máis frecuentes.

É por iso que hoxe 16 de novembro conmemorase o Día Mundial da EPOC e o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, colabora coa Asociación nacional de Pacientes con EPOC (APEPOC), para tratar de darlle visibilidade a esta enfermidade e lembrar que hai que seguir sensibilizando. A Asociación nacional de Pacientes con EPOC (APEPOC) é unha organización que representa a un colectivo de máis de 3 millóns de afectados e afectadas desta enfermidade e as súas familias.

Deste xeito, Ames adhírese a esta causa no seu día Mundial, iluminando pola tarde noite de maneira simbólica a Casa do Concello e cor laranxa na honra a todas as persoas afectadas pola EPOC, sumándose así a este movemento mundial.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "O Concello tinguíse de laranxa polo Día Mundial da EPOC"

Ames súmase á conmemoración do Día Mundial da EPOC iluminando de laranxa a Casa do Concello