Pestanas principais

Ames solicita a convocatoria extraordinaria e urxente da Xunta Local de Seguridade

Martes, 23 de xaneiro de 2018

[23-01-2018] O Concello de Ames acaba de solicitarlle á Subdelegación do Goberno a convocatoria extraordinaria e urxente da Xunta Local de Seguridade. Esta solicitude prodúcese despois dos acontecementos que se están a producir no último mes en diferentes urbanizacións do termo municipal. O alcalde de Ames, José Miñones, quere trazar un plan de acción conxunto fronte aos últimos roubos.

A pesar dos dispositivos que se veñen montando dende o propio Concello, para que os axentes da Policía Local teñan unha maior presencia nos puntos mais problemáticos do municipio, crese que é necesario organizar un dispositivo especial que dea solución á preocupación cidadá destas ultimas semanas. Dende o goberno municipal son conscientes do traballo que están realizando as forzas e corpos de seguridade, tanto a Policía Local como a Guarda Civil, pero consideran necesaria unha maior comunicación e información ao respecto.

É por iso que o alcalde de Ames, José Miñones, no escrito remitido á Subdelegación do Goberno solicita tamén información detallada dos dispositivos realizados pola Garda Civil e das medidas adoptadas por este corpo de seguridade ante os últimos acontecementos. Tamén se lle solicita ao Goberno información detallada do número de axentes en activo no cuartel de Milladoiro, así como información sobre as baixas que se teñen producido nos últimos meses. Ames solicitará unha vez mais a cobertura total das prazas existentes no cuartel do Milladoiro ata chegar ao número mínimo de axentes co que naceu dito cuartel que está fixado en 50 efectivos.

Na reunión da Xunta Local de Seguridade trasladarase por parte do Concello as actuacións realizadas pola Policía Local con respecto aos recentes acontecementos. Na Xunta Local de Seguridade celebrada hai tres meses informouse que a situación en Ames era similar aos anos anteriores no referente a delitos. Asemade, acordouse convocar a Xunta Local de Seguridade en caso de necesidade, considerando o Goberno que este momento o cumpre de cara a poder organizar e acordar medidas especiais.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames y Noia exigen refuerzos a las juntas de seguridad por robos"
La Voz de Galicia: "El Concello de Ames reclama que el cuartel de Milladoiro tenga cincuenta guardias civiles"
Lindeiros: "Ames solicita a convocatoria extraordinaria e urxente da Xunta Local de Seguridade"