Pestanas principais

Ames será sede dun dos cursos do plan de formación que organiza a Asociación Terras de Compostela GDR 19

Mércores, 16 de agosto de 2017

[16-08-2017] A Asociación Terras de Compostela GDR 19, á que pertence o Concello de Ames, está organizando un plan formativo de fomento do emprego e da iniciativa emprendedora no medio rural que está dirixido á poboación activa (ocupados e desempregados). O curso de emprendemento e novos horizontes, que é gratuíto, impartirase en Ames os días 28 de setembro e 2, 3, 4, 5 e 6 de outubro. Previamente, este mesmo curso realizarase nos concellos de Boqueixón e A Baña. A duración inicial é de 30 horas, divididas en sesións de cinco horas durante seis días. O horario no que se imparte esta actividade é de 16:30 a 21:30 horas. O número de participantes por sede será de 15 persoas. Está aberto o prazo de inscrición para este curso.

O plan de formación da Asociación Terras de Compostela GDR 19, da que o Concello de Ames forma parte, inclúe un curso gratuíto de fomento do emprego e sobre iniciativa emprendedora no medio rural que está dirixido á poboación activa (ocupados e desempregados). O curso de emprendemento e novos horizontes, que é gratuíto, impartirase en Ames a finais de setembro e durante a primeira semana de outubro. Previamente, este mesmo curso realizarase nos concellos de Boqueixón e A Baña.

Esta actividade foi posta en marcha coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames. Comezará o día 28 de setembro e continuará os días 2, 3, 4, 5 e 6 de outubro. Neste caso o devandito curso impartirase nas instalación municipais do Centro de Formación e Emprego Concello de Ames (rúa Costaneira, número 2, de Aldea Nova). A duración inicial é de 30 horas, divididas en sesións de cinco horas durante seis días. O horario no que se imparte esta actividade é de 16:30 a 21:30 horas. O número de participantes por sede será de 15 persoas.

O curso está dividido en catro módulos diferentes. No primeiro abórdase o desenvolvemento local participativo; no segundo os diferentes instrumentos para o desenvolvemento; no terceiro os sectores de intervención económica e mailo DAFO; e no cuarto é ultimo, a empresa e o proxecto económico. A través deste curso búscase a mellora da cualificación dos participantes, e por ende, fomentar a empregabilidade tanto por conta propia como a través do emprendemento a través dunha metodoloxía participativa.

Este curso, que está organizado polo GDR 19 Terras de Compostela, é sufragado pola Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, e o Ministerio de Agricultura.

As inscricións pódense realizar no departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Hai que chamar ao número de teléfono 981 88 30 02. Para obter máis información sobre este curso ou tramitar a inscrición tamén te podes poñer en contacto coa entidade organizadora, GDR Terras de Compostela, chamando aos números de teléfono 686 100 675/981 81 83 57 ou enviando un correo electrónico ao enderezo info@terrasdecompostela.org.

Contido relacionado


Lindeiros: "Terras de Compostela GDR19 organiza cursos sobre emprendemento no rural"
El Correo Gallego: "Organizan un plan formativo sobre empleo en el rural"
Ames Go: "Ames contará cun curso de formación da Asociación Terras de Compostela GDR 19"