Pestanas principais

Ames recibirá 381.743 euros a través de dous convenios coa Deputación da Coruña para a realización de oito obras no rural e nos núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro

Sábado, 28 de xullo de 2012

[28-07-2012] O Concello de Ames recibirá un total de 381.743 euros a través de dous convenios que se asinarán coa Deputación da Coruña para a realización de oito obras importantes para o municipio. Os dous convenios, aprobados onte polo pleno da Deputación, están dotados con 271.050,15 euros e 110.693,24 euros, respectivamente. En total, levaranse a cabo oito obras no rural e nos núcleos de Bertamiráns e Milladoiro. O alcalde de Ames, Santiago Amor, fai fincapé na grande importancia destes dous convenios que, segundo destacou, “permitirán levar a cabo obras moi importantes para o municipio e moi demandadas polos vecinos e veciñas amienses”

O alcalde de Ames, Santiago Amor, fai fincapé na grande importancia da sinatura de dous convenios coa Deputación da Coruña por un total de 382.245,04 euros, e que, segundo destacou, “permitirán levar a cabo obras moi importantes para o municipio e moi demandadas polos vecinos e veciñas amienses”. Entre outras, o rexedor subliñou a mellora da Travesía do Porto ou a finalización da pavimentación de Lapido. Ademais, ampliarase a Biblioteca Municipal do Milladoiro "cumprindo así o compromiso do Goberno de dotar ao Milladoiro dunha biblioteca apta para o estudo e a lectura e en mellores condicións que a actual".

O primeiro dos convenios do Concello de Ames coa Deputación da Coruña, que contará cunha aportación provincial de 271.050,15 euros (o que supón o 79,2% do total), permitirá a posta en marcha de sete obras. Deste xeito, poderanse acometer os traballos de minimización da afección das avenidas do Rego dos Pasos en Bertamiráns, e a segunda fase da pavimentación interior en Lapido. O proxecto de Lapido, no que se investirán 79.212 euros, é unha obra que o anterior Goberno municipal deixou sen concluír por problemas de financiamento e que agora se rematará. Sobre estes traballos, o rexedor amiense destaca que “o actual Executivo cumpre con este convenio o compromiso de acadar unha aportación económica da Deputación para a súa finalización, tal e como me comprometín cos veciños”.

En virtude deste acordo tamén se poderá levar a cabo a reparación do firme asfáltico e o pintado da Travesía do Porto en Milladoiro, uns traballos aos que se destinarán 67.933 euros e que permitirán aumentar a seguridade desta avenida para vehículos e peatóns. O obxectivo destes traballos é mellorar o estado e a seguridade dunha das avenidas máis importantes do Milladoiro, e que conta nas inmediacións cun novo centro comercial e cun centro educativo. As obras na Travesía do Porto permitirán mellorar a seguridade dos vehículos e peóns que cada día transitan por esta zona.

O acordo coa Deputación da Coruña tamén facilitará o acondicionamento e mellora da rúa Seidón do Milladoiro, ou a canalización de pluviais e mellora de seguridade viaria no lugar de Ventín-Biduído. Esta última obra mellorará a seguridade dos peatóns que circulen por esta zona e, especialmente, á comunidade escolar de Ventín. Con este convenio coa Deputación, o Concello tamén acometerá a mellora das condicións de seguridade peonil en Biduído de Arriba, na zona do colexio Alca, e no Milladoiro. O obxectivo é garantir a seguridade dos peóns que transitan por estas vías.

O segundo convenio coa Deputación da Coruña, dotado cunha aportación provincial de 110.693,24 euros, servirá para acometer as obras de ampliación da Biblioteca Municipal do Milladoiro. O rexedor amiense subliña que “se cumpre así o compromiso do Goberno de dotar ao Milladoiro dunha biblioteca propicia para o estudio e a lectura e en mellores condicións que a actual”.
Ademáis, a Deputación da Coruña, a través do Plan DTC 94, presentado onte, destinará ao Concello de Ames un total de 382.245,04 euros. Os fondos deste plan, dotado con 24 millóns para os 94 concellos da provincia, son repartidos de forma obxectiva e os municipios poderán escoller en que investilos.

Valoración
O alcalde de Ames, Santiago Amor, fai fincapé na grande importancia da sinatura de dous convenios coa Deputación da Coruña por un total de 382.245,04 euros, e que, segundo destacou, “permitirán levar a cabo obras moi importantes para o municipio e moi demandadas polos vecinos e veciñas amienses”. Entre outras, o rexedor subliñou a mellora da Travesía do Porto ou a finalización da pavimentación de Lapido. Ademais, ampliarase a Biblioteca Municipal do Milladoiro "cumprindo así o compromiso do Goberno de dotar ao Milladoiro dunha biblioteca apta para o estudo e a lectura e en mellores condicións que a actual".

O primeiro dos convenios do Concello de Ames coa Deputación da Coruña, que contará cunha aportación provincial de 271.050,15 euros (o que supón o 79,2% do total), permitirá a posta en marcha de sete obras. Deste xeito, poderanse acometer os traballos de minimización da afección das avenidas do Rego dos Pasos en Bertamiráns, e a segunda fase da pavimentación interior en Lapido. O proxecto de Lapido, no que se investirán 79.212 euros, é unha obra que o anterior Goberno municipal deixou sen concluír por problemas de financiamento e que agora se rematará. Sobre estes traballos, o rexedor amiense destaca que “o actual Executivo cumpre con este convenio o compromiso de acadar unha aportación económica da Deputación para a súa finalización, tal e como me comprometín cos veciños”.

En virtude deste acordo tamén se poderá levar a cabo a reparación do firme asfáltico e o pintado da Travesía do Porto en Milladoiro, uns traballos  aos que se destinarán 67.933 euros e que permitirán aumentar a seguridade desta avenida para vehículos e peatóns. O obxectivo destes traballos é mellorar o estado e a seguridade dunha das avenidas máis importantes do Milladoiro, e que conta nas inmediacións cun novo centro comercial e cun centro educativo. As obras na Travesía do Porto permitirán mellorar a seguridade dos vehículos e peóns que cada día transitan por esta zona.

O acordo coa Deputación da Coruña tamén facilitará o acondicionamento e mellora da rúa Seidón do Milladoiro, ou a canalización de pluviais e mellora de seguridade viaria no lugar de  Ventín-Biduído. Esta última obra mellorará a seguridade dos peatóns que circulen por esta zona e, especialmente, á comunidade escolar de Ventín. Con este convenio coa Deputación, o Concello tamén acometerá a mellora das condicións de seguridade peonil en Biduído de Arriba, na zona do colexio Alca, e no Milladoiro. O obxectivo é garantir a seguridade dos peóns que transitan por estas vías.

O segundo convenio coa Deputación da Coruña, dotado cunha aportación provincial de 110.693,24 euros, servirá para acometer as obras de acondicionamiento da Biblioteca Municipal do Milladoiro.