Pestanas principais

Ames recibe 8.941,96 euros para a contratación de socorristas para as piscinas municipais descubertas e para a praia fluvial de Tapia durante o ano 2025

Mércores, 12 de febreiro de 2025

O Concello de Ames recibe unha axuda de 8.941,96 euros para a contratación de socorristas para as piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro e para a praia fluvial de Tapia para o ano 2025.

O Concello de Ames recibe unha axuda de 8.941,96 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña sobre o programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2025.

No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase á contratación de socorristas para as piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro e para a praia fluvial de Tapia para o ano 2025.

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao programa FO023B/2025 da convocatoria do programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2025. O Concello de Ames é un dos beneficiarios desta convocatoria cunha axuda de 8.941,96 euros para a contratación dos socorristas.

Ames recibe 8.941,96 euros para a contratación de socorristas para as piscinas municipais descubertas e para a praia fluvial de Tapia durante o ano 2025