Pestanas principais

O número de parques infantís abertos en Ames actualízase a 17

Martes, 23 de xuño de 2020

Ames vai abrindo progresivamente os seus parques infantís, despois de adoptar en cada un deles as correspondentes medidas de desinfección e seguridade. Hoxe, martes 23 de xuño, o número de parques infantís abertos actualízase a 17, coa apertura do parque da Rúa Pardiñeiros e o de Manuel Murguía. Dende o Concello de Ames prégase concienciación e responsabilidade á cidadanía amesá, e cumprir coas medidas impostas dende as autoridades.

Tal e como se indica na Resolución publicada o 13 de xuño no DOG, os parques infantís e espazos de uso público ao aire libre poderán estar abertos ao público sempre que se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto. Para iso, durante estes días o Concello de Ames estivo estudando o aforo do que dispón cada un dos parques infantís e adaptándoos a esta nova realidade.

Despois da actualización de hoxe, cos parques da Rúa Pardiñeiros e o de Manuel Murguía, os 17 parques que se encontran abertos son:

  • O parque da praza Santander, cun aforo de 7 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque da praza de Correos, cun aforo de 10 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque de Agro do Muíño, cun aforo de 8 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • Os parques do Ameneiral, cun aforo de 17 e 12 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque de area de Aldea Nova, cun aforo de 30 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque de caucho de Aldea Nova, cun aforo de 24 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque de Estivada de Castelao, cun aforo de 14 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque de Horta de Abaixo, cun aforo de 19 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque da Rúa Travesa, cun aforo de 27 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque da Travesía do Porto, cun aforo de 38 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque da Guimaráns, cun aforo de 12 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque de Augapesada, cun aforo de 14 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque da Condomiña, cun aforo de 12 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque da rúa Pesqueiras, cun aforo de 7 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque da rúa Pardiñeiros, cun aforo de 15 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.
  • O parque de Manuel Murguía, cun aforo de 6 crianzas e máis unha persoa acompañante por cada unha.

Cartelería informativa coas medidas a adoptar e o aforo en cada un dos parques
En cada un dos parques mencionados anteriormente haberá cartelería informativa coas medias de seguridade e prevención a adoptar, así como a limitación de aforo de cada un.

Entre as medidas a adoptar encóntranse establecer unha distancia interpersoal de 1,5 metros, o uso obrigatorio de máscara e empregar o xel hidroalcólico antes e despois de utilizar os xogos. Neste senso, cómpre destacar que o Concello colocará a vindeira semana dispensadores de xel hidroalcólico nos parques infantís, xa que aínda que é recomendable, non é unha medida obrigatoria para poder abrir os parques infantís.

Dende o Concello de Ames prégase á cidadanía amesá concienciación e responsabilidade, e o cumprimento das normas polo ben común, para evitar así retrocesos no control da pandemia da Covid-19.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Los parques infantiles reviven con la ilusión de los más pequeños tras tres meses cerrados"

Apertura parques infantís