[06-06-2017] Nos últimos meses o Concello de Ames colaborou en varias iniciativas postas en marcha pola xunta local de Santiago de Compostela da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Neste caso únese á quinta edición da cea solidaria da AECC que se celebra este venres, 9 de xuño, ás 21:30 horas, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. As entradas para asistir a este evento poden adquirise na Xoiería Jael, Garysom, Charcutería Seco, ximnasio Squash Milladoiro e no local da AECC de Santiago de Compostela. Tamén se pode colaborar facendo unha doazón a través da Mesa 0 ES83 2100-2054-41-0200039421.
O Palacio de Congresos de Santiago de Compostela é o lugar elixido para celebrar este venres, 9 de xuño a quinta edición da cea solidaria que organiza a xunta local compostelá da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Durante esta gala entregaranse catro distincións a persoas e/ou empresas que axudaron e colaboraron con esta entidade ao longo do pasado ano.
Deste xeito, os premiados son para Verónica Sorribas, polo seu compromiso coa asociación e por ser un exemplo de superación; Noemí Sanmartín, pola súa colaboración nos obradoiros de expresión corporal para doentes oncolóxicos; para Tesec, pola súa profesionalidade e colaboración no desenvolvemento das ceas solidarias; e para as escolas de hostalería CIFP Compostela, CIFP Paseo das Pontes e CIFP Carlos Oroza, pola súa inestimable colaboración nas ceas.
As entradas para asistir a este evento poden adquirise na Xoiería Jael, Garysom, Charcutería Seco, ximnasio Squash Milladoiro e no local da AECC de Santiago de Compostela. Tamén se pode colaborar facendo unha doazón a través da Mesa 0 ES83 2100-2054-41-0200039421.




