Pestanas principais

Ames participa na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade onde se presentou o plan de actividades de 2018

Martes, 27 de marzo de 2018

[27-03-2018] A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, e mailo técnico municipal, Leonardo Pena, participaron a semana pasada na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade na que se presentou o plan de actividades de 2018. Esta xuntanza realizouse despois de recoller as achegas realizadas polo persoal técnico nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria.

As políticas e políticos, que actúan de enlace co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en cada unha das deputacións e concellos socios, participaron na Asemblea Xeral, onde se presentou o plan de actividades de 2018. En representación do Concello de Ames acudiron a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, e mailo técnico municipal, Leonardo Pena. Esta xuntanza realízase despois de recoller as achegas realizadas polo persoal técnico nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria.

O Plan de Actividades 2018 contempla catro áreas: fortalecemento da asociación, sensibilización da veciñanza fronte as desigualdades, proxectos de cooperación internacional e comunicación. Deste xeito, está previsto continuar captando novas administracións socias e seguir ofertando actividades de educación para o desenvolvemento, como espectáculos musicais e teatrais, co apoio de unidades didácticas como novidade, ou novas exposicións sobre Mozambique, as persoas refuxiadas ou os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, con innovacións no formato.

En canto á cooperación internacional, afondarase nas intervencións en Mozambique, a onde ademais se enviará unha misión político-técnica. Executaranse asemade os proxectos financiados a ONGD galegas en Guatemala, Honduras e Guinea-Bissau, alén de participar nunha iniciativa europea para consolidar o proceso de paz en Colombia. Tamén se manterá a dobre vertente do programa de voluntariado internacional e cooperación técnica Vacacións con Traballo.

O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, abriu a xuntanza da Asemblea Xeral e expuxo tanto o informe de situación como o balance económico de 2017. Asemade, ratificáronse as altas de novos concellos socios e, por último, a secretaría explicou o plan de actividades de 2018 e mailo proceso de elaboración do IV Plan director da cooperación galega.

Contido relacionado


Compostela 24 Horas: "Ames participa en la Asamblea General del Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade"