Pestanas principais

Ames inicia unha campaña de recollida de material para as zonas afectadas polos incendios forestais

Martes, 19 de agosto de 2025

O Concello de Ames fai un chamamento á colaboración e a solidariedade da veciñanza amesá, para participar na campaña de recollida de material para as zonas afectadas polos incendios forestais. Dita campaña está organizada por Emerxencias Galicia 112 e nela colabora a Agrupación de Protección Civil de Ames. O material que se precisa son batelumes, lentes e luvas de protección, e máscaras. Dito material poderase entregar na Casa do Concello, en horario e mañá de 9.00 a 14.00 horas, e nas cafeterías das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, en horario de tarde de 16.00 a 21.00 horas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias - 112 Galicia recomenda evitar acudir de xeito individual ás zonas afectadas polos incendios forestais. Para que a axuda sexa efectiva é necesario facela chegar polas canles axeitadas. A recollida de material debe canalizarse a través das Agrupacións de Protección Civil dos Concellos. 

Deste xeito, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames lanza unha campaña de recollida de material para as zonas afectadas polos incendios forestais. O material que se precisa son batelumes, lentes e luvas de protección, e máscaras

Por outra banda, o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames Antonio Martínez, explica que “estamos preparados para ser mobilizados en canto sexa necesaria a nosa axuda. Se nos piden colaboración estamos preparados para acudir ás zonas afectadas polos incendios forestais”.  

Lugares de entrega do material
Dito material poderase entregar na Casa do Concello, en horario e mañá de 9.00 a 14.00 horas, e nas cafeterías das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, en horario de tarde de 16.00 a 21.00 horas. Dito material enviarase cara os lugares nos que máis falta fai. 

Ademais, recoméndase que as persoas que queiran axudar non se acheguen ás zonas afectadas porque pode dificultar o traballo dos equipos de emerxencia, poñer en risco a súa propia seguridade e colapsar as vías de acceso. 

O Concello de Ames fai un chamamento á colaboración e solidariedade con todas as persoas damnificadas por esta vaga de lume que está asolando Galicia. Para responder a calquera dúbida sobre como colaborar nesta campaña poden chamar ao teléfono da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames: 673 17 88 88; ou escribir un correo electrónico ao enderezo: avpcames@gmail.com.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Ames y Oroso recogen material para zonas damnificadas por los incendios forestales"

El Correo Gallego: "Ames solidarízase e axudará aos afectados polos incendios"

Diario de Santiago: "Ames inicia unha campaña de recollida de material para as zonas afectadas polos incendios forestais"

Xornal de Compostela: "Ames activa unha recollida de material para os lumes e chama á colaboración veciñal"

Ames inicia unha campaña de recollida de material para as zonas afectadas polos incendios forestais