Pestanas principais

Ames impulsa a creación de vivenda pública e privada no seu territorio

Mércores, 18 de xuño de 2025

O Concello de Ames ten unha aposta decidida pola potenciación da vivenda no municipio, tanto de carácter público como privado, coa finalidade de dar resposta á demanda habitacional e facilitar e abaratar o acceso á vivenda no municipio.

A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar mañá dúas novas licenzas urbanísticas para a construción de dous edificios residenciais na zona de Bertamiráns, que suporán a creación de 16 e 27 vivendas respectivamente. 

Por outra banda é inminente a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para o impulso dunha promoción de vivenda de protección pública en O Milladoiro, unha actuación clave para garantir vivenda a prezos accesibles.

Dende o Concello estase a traballar nos pregos de licitación de cinco parcelas municipais para a construción de vivenda por parte de promotores privados. Esta medida busca atraer investimento, dinamizar o solo urbano e fomentar unha oferta diversa e equilibrada de vivenda no termo municipal.

Dende o goberno local, sinalan que estas accións forman parte dunha estratexia integral para facilitar o acceso á vivenda e fomentar un urbanismo sostible, cohesionado e adaptado ás necesidades reais da veciñanza. 

“Seguimos traballando para que Ames sexa un lugar onde vivir sexa máis fácil, accesible e de calidade. A promoción de vivenda, tanto pública como privada, é unha prioridade absoluta deste goberno”, destacou o alcalde.

Blas García engadiu “estes actos van en consonancia co programa do goberno municipal e ao que intentaremos ser o máis fieis posible”.

O rexedor explicou que “o traballo en materia de vivenda foi iniciado fai anos coa posta a disposición da veciñanza máis desprotexida de 69 vivendas baleiras propiedade dunha entidade bancaria e continuará durante todo o mandato”. O goberno local traballa en conxunto coa Xunta de Galicia, Sareb, Goberno de España e promotores privados para aumentar o parque de vivenda e abaratar o prezo da mesma.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames concede licencias para 43 viviendas y ultima la venta de suelo edificable"

El Correo Gallego: "Bertamiráns ‘crece’ con otras dos edificaciones que suman 43 viviendas"

AMSGO!: "Ames impulsa a creación de vivenda pública e privada no seu territorio"

Ames impulsa a creación de vivenda pública e privada no seu territorio