Pestanas principais

Ames implanta un sistema online de obtención de cita previa para a realización de trámites presenciais

Xoves, 06 de agosto de 2020

Desde este luns 03 de agosto está activo na Sede electrónica do Concello de Ames un sistema online para a obtención de cita previa, imprescindible para realizar trámites presenciais, nun principio relacionadas co Rexistro Xeral de Entrada, Padrón de Habitantes e trámites a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR). O obxectivo desta medida é, por unha banda facilitar aos veciños e ás veciñas a obtención de cita e que o poidan facer dunha forma rápida e áxil, e por outra optimizar o traballo dos empregados e empregadas públicos.

A solicitude de cita realízase través da web municipal, na dirección www.concellodeames.gal, picando na pestana "Sede electrónica" ou ben directamente no sitio web sede.concellodeames.gal.

Na nova páxina que se abre, selecciónase "Cita previa", e a continuación debese elixir si se desexa acudir á oficina de Bertamiráns ou Milladoiro, ou por outra banda si se decide reservar cita específica para trámites de padrón, urbanismo ou SIR.

Unha vez elixido o punto ao que se desexa acudir, ábrese un calendario no que o usuario/a pode seleccionar o día e hora para a realización do trámite ante o rexistro cumprimentando os datos solicitados polo sistema: nome, email, teléfono, así como o motivo polo que se solicita a cita. Unha vez comprobados os datos, esta confirmarase a través dun correo electrónico á dirección indicada.

Así mesmo tamén se habilitan as seguintes liñas telefónicas para información de Oficinas Xerais do Concello de Ames: 881 07 47 10 e 881 07 47 11.

Este servizo de cita previa irase implantando en próximas datas e de maneira progresiva, no resto das áreas, servizos e dependencias municipais. Esta iniciativa vén adoptada pola situación xerada pola pandemia da COVID 19 e con ela preténdese tomar as medidas axeitadas para a protección da saúde e prestar un mellor servizo á cidadanía, dentro do proxecto de transformación dixital do Concello de Ames que teñen como obxectivo esencial achegar a administración á cidadanía e facilitar a xestión de trámites a través do uso eficiente das tecnoloxías. Co servizo de cita previa reduciranse as aglomeracións e esperas nos momentos de maior afluencia.

Segundo o concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández “esta medida será positiva para garantir a seguridade de todos os habitantes dada a situación que estamos a atravesar; e servirá para estar máis preto da cidadanía podendo prestar un mellor servizo , garantindo unha atención óptima e  permitindo avanzar na axenda dixital amesá”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El Concello de Ames instaura la cita previa para varios trámites municipales"

Compostela 24Horas: "Ames instaura a cita previa para varios trámites municipais"

 

Ames implanta un sistema online de obtención de cita previa para a realización de trámites presenciais

Multimedia

  • Listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico
  • Listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico
  • Listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico