[07-10-2011] O concello de Ames informa de que durante o período de revisión dos datos do censo electoral se ampliará o horario de atención ao público para posibles reclamacións. Este período abarca dende o luns 3 ao luns 10 de outubro, ambos inclusive. O horario de atención ao público durante estas xornadas será de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas de luns (día 3) a venres (día 7); o sábado (día 8) e o domingo (día 9) o concello abrirá de 10.00 a 14.00 horas e o luns día 10 (último día) o censo estará exposto de 9.00 a 14.00 horas. O lugar de exposición son as oficinas Municipais de Bertamiráns (Praza do Concello- Bertamiráns) e a oficina do Milladoiro (r/ de Abaixo num.10). Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre a exposición pública do censo electoral.




