Pestanas principais

Ames expón entre os días 3 e 10 de outubro o censo electoral

Luns, 03 de outubro de 2011

[03-10-2011] O concello de Ames informa de que durante o período de revisión dos datos do censo electoral se ampliará o horario de atención ao público para posibles reclamacións. Este período abarca dende o luns 3 ao luns 10 de outubro, ambos inclusive. O horario de atención ao público durante estas xornadas será de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas de luns (día 3) a venres (día 7); o sábado (día 8) e o domingo (día 9) o concello abrirá de 10.00 a 14.00 horas e o luns día 10 (último día) o censo estará exposto de 9.00 a 14.00 horas. O lugar de exposición son as oficinas Municipais de Bertamiráns (Praza do Concello- Bertamiráns) e a oficina do Milladoiro (r/ de Abaixo num.10).

É importante que vaian a revisar as listas do censo os que cumpliran a maioría de idade dende o pasado 22 de maio, cando foron as últimas eleccións, pois para esas persoas é a primeira vez que optan a exercer o seu dereito ao voto.

A documentación a aportar a efectos de consulta e reclamación é o DNI, o Pasaporte ou o Permiso de Conducir. O teléfono de consulta da Oficina do Censo Electoral é o 901 101 900.

Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre a exposición pública do censo electoral.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames expón entre os días 3 e 10 de outubro o censo electoral"