Pestanas principais

Ames e Brión publican unha campaña conxunta para fomentar o aforro de auga entre a cidadanía

Venres, 02 de setembro de 2022

Os Concellos de Ames e Brión acaban de publicar unha campaña conxunta denominada “Augaconsellos” para achegarlle á veciñanza consellos de cara a fomentar o aforro de auga. A publicación de dita campaña foi acordada na xuntanza mantida o pasado luns, 29 de agosto, entre os alcalde de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, e representantes da empresa concesionaria do ciclo integral da auga, Espina & Delfín, para avaliar a situación actual de ambos concellos que están en situación de pre-alerta, decretada a semana pasada pola demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

Os concellos de Ames e Brión atópanse en situación de pre-alerta decretada a semana pasada pola demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Debido a iso decidiuse publicar unha campaña conxunta que se denomina “Augaconsellos,, para achegarlle á veciñanza consellos de cara a fomentar o aforro de auga.

A través da campaña “Augaconsellos”, achéganse 12 recomendacións e medidas para animar á veciñanza a facer un uso responsable da auga de xeito sinxelo nun período estival especialmente caloroso e seco. A través desta campaña, inclúense varias medidas que pode adoptar a veciñanza de xeito sinxelo para reducir o consumo de auga:

  1. Dúchate en lugar de bañarte e pecha a billa mentres te enxaboas.
  2. Pecha a billa mentres te enxaboas as mans, lavas os dentes ou te afeitas.
  3. Enche un caldeiro mentres esperas a que a auga da ducha saía quente e utilízaa logo para fregar o chan.
  4. Coloca unha papeleira no baño para evitar usar o inodoro como caldeiro de lixo.
  5. Emprega a cisternas de dobre descarga no inodoro para utilizar soamente a auga necesaria.
  6. Instala economizadores de auga nas billas, duchas e inodoros.
  7. Utiliza a lavadora coa carga completa e o programa adecuado.
  8. Usa o lavalouza sempre que poidas e coa carga completa. Cando fregues os pratos á man, nunca o fagas deixando correr a auga.
  9. Repara as billas se detectas fugas na túa instalación.
  10. Rega as túas plantas á primeira hora da mañá ou á tardiña.
  11. Non baleires a túa piscina cando termine o verán, a auga do vaso pode aguantar ata cinco anos sen cambiar.
  12. Pecha levemente a chave de paso da vivenda. Non apreciarás a diferencia e aforrarás unha gran cantidade de auga.

Segundo explica o alcalde de Ames, Blas García, “a través desta campaña achéganse concellos para fomentar o aforro de auga entre a veciñanza. Esta campaña publicarase nas redes sociais dos dous Concellos e tamén se repartirán folletos informativos entre a cidadanía para tratar de facer un uso responsable da auga”.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, destacou “facemos un chamamento aos veciños e veciñas de Brión e de Ames para o uso responsable e adecuado da auga. Aínda que está sendo un ano atípico é moi probable que no futuro os veráns sexan deste tipo. Por eso é necesario que desde as administracións creemos as infraestruturas necesarias para garantir o subministro da auga á veciñanza”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames y Brión lanzan doce consejos para ahorrar agua"

AMSGO!: "Os Concellos de Ames e Brión colaboran nunha campaña de fomento do aforro de auga"

Ames e Brión publican unha campaña conxunta para fomentar o aforro de auga entre a cidadanía

Multimedia

  • Ames e Brión publican unha campaña conxunta para fomentar o aforro de auga entre a cidadanía
  • Ames e Brión publican unha campaña conxunta para fomentar o aforro de auga entre a cidadanía
  • Ames e Brión publican unha campaña conxunta para fomentar o aforro de auga entre a cidadanía