Pestanas principais

Ames e Brión conmemoran A Batalla de Altamira o día 21 de setembro con teatro e música

Mércores, 17 de setembro de 2025

Despois de adiar varias actividades no mes de xuño debido á meteoroloxía adversa por choiva, volve “Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira. O programa inclúe a representación teatral “A Batalla de Altamira”, a cargo do grupo Os Quinquilláns; a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión; e o concerto do grupo Carmela, que se van celebrar o domingo 21 de setembro en horario de mañá e tarde. Todas as actividades son de acceso libre ata completar aforo.

As Torres de Altamira son un monumento patrimonio da Deputación da Coruña, considerado Ben de Interese Cultural e situado nun espazo privilexiado que o converte nun magnífico miradoiro sobre o Val da Maía. Construídas no século IX, as Torres foron derrubadas no século XIV e construídas de novo en 1471. O evento “Altamira Brilla” ten como obxectivo poñer en valor o monumento, así como recuperar a memoria histórica da batalla, que tivo lugar o 13 de xuño de 1471 entre as tropas do arcebispo Alonso Fonseca II e Lopo Sánchez Moscoso.

Despois de adiar varias actividades no mes de xuño debido á meteoroloxía adversa por choiva, “Altamira Brilla” regresa para celebrar a súa cuarta edición cun amplo programa de actividades divididas en dous días. O programa inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, e unha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns. As actuacións musicais e maila representación teatral serán no impresionante marco escénico que conforman as Torres de Altamira, no lugar de A Torre, en Brión.

Domingo 21 de setembro: representación teatral e actuacións musicais
-Ás 12.30 horas. Representación teatral “A Batalla de Altamira”, a cargo do grupo Os Quinquilláns.
-Ás 20.00 horas. Actuación do grupo de Pandeireteiras da Costaneira de Ames.
-Ás 20:30 horas. Actuación do grupo de Pandeireteiras de Brión.
-Ás 21.00 horas. Concerto do grupo Carmela.

Representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns 
Ademais, o domingo 5 de outubro, ás 12.30 horas, os veciños e veciñas que o desexen poderán acudir a outra representación teatral de “A Batalla de Altamira”, do grupo Os Quinquilláns.

Todas as actividades incluídas no programa son de acceso libre ata completar aforo.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego:  "A Maía rememora la Batalla de Altamira el domingo 21 con teatro y mucha música"

El Correo Gallego: "Ames e Brión conmemoran a Batalla de Altamira con teatro e música"

Diario de Santiago: "Ames e Brión conmemoran A Batalla de Altamira o día 21 de setembro con teatro e música"

AMSGO!: "Ames e Brión conmemoran A Batalla de Altamira o día 21 de setembro"

Imaxe de arquivo dunha representación de Os Quinquilláns

Multimedia

  • Ames e Brión conmemoran A Batalla de Altamira o día 21 de setembro con teatro e música
  • Imaxe de arquivo dunha representación de Os Quinquilláns