Pestanas principais

Ames continúa co descenso de desempregados no mes de maio por cuarto mes consecutivo

Xoves, 04 de xuño de 2015

[04-06-2015] Os datos do paro en Ames continúan a descender por cuarto mes consecutivo dende inicios de 2015. En maio, segundo os datos da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, un total de 110 persoas atoparon traballo no municipio amesán.

A porcentaxe de parados reduciuse un 6,65 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior e en total son 2.509 as persoas sen traballo. Por sectores de actividade, os servizos rexistran 1.710 desempregados, a construción 316 e a industria e a agricultura acumulan 255. Se se analizan os datos respecto do mes de maio de 2013, resulta que nos últimos dous anos a porcentaxe de parados en Ames reduciuse nun 16,53 por cento.

Un mes máis o alcalde en funcións de Ames, Santiago Amor, volve a incidir en que a tendencia de creación de emprego “é positiva e estanse creando novos postos de traballo”. “Dende o Concello alegrámonos de que a veciñanza amesá se vaia ocupando e aumenten as esperanzas de atopar traballo”, indica o rexedor.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El desempleo desciende por cuarto mes consecutivo"