[25-09-2014] A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle os días 2, 7, 9, 14 e 16 de outubro un Curso teórico- práctico de iniciación á Astronomía. O curso está dirixido a persoas maiores de 14 anos e enmárcase dentro do programa TODOCOSMOS “A Astronomía ao alcance de todos” que imparte o Observatorio Astronómico Ramón María Aller”. O interese mostrado polos veciños de Ames nas observacións astronómicas que se realizaron nos últimos meses en Bertamiráns, Milladoiro e o Alto de San Marcos, motivou que o Concello de Ames solicitara ao Observatorio a realización deste curso completo. O día 30 de setembro finaliza o prazo de inscrición. As inscricións poden facerse a través do teléfono da Aula da Natureza 660 004 665 ou a través do enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.org
Financiado pola Fundación española para la ciencia y la tecnología, FECYT, y organizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, dependente da Universidade de Santiago, o curso inclúe nocións teóricas sobre montaxe de telescopios e outros aparellos de avistamento e información básica sobre o funcionamento do planisferio e as coordenadas astronómicas que permiten fixar a posición dos astros celestes. Ademais realizaranse dúas sesións de observación astronómica, cuxas datas e horarios concretaranse en función das condicións metereolóxicas e celestes.
Cometas, asteroides, bólidos, planetas, estrelas fugaces, estrelas dobres, nebulosas, cúmulos estelares, satélites, bólidos e constelacións. Todos estes corpos celestes poden ser observados nunha noite clara a simple vista, sen necesidade de sofisticados aparellos de avistamento nin complexos coñecementos de astronomía. O curso que o día 2 de outubro comeza en Ames fundaméntase, segundo o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, Xosé Luis Docobo, en achegar aos alumnos/as o mapa básico do ceo para que logo eles poidan seguir afondanando e experimentando: “O fundador do observatorio, Ramón María Aller, escribiu un libro que leva por título “Astronomía a simple vista” e esta é a base do curso que o que pretende é ofrecer coñecementos dun xeito amigable e provocar a curiosidade suficiente para que despois as persoas que o fagan sigan afondando na materia e mirando ao ceo doutro xeito”.
Nos meses de verán foi doado ver marte e saturno. Este último será máis difícil de observar no outono. No canto, cara o leste, aparecerá xupiter e será doado contemplar a vía láctea. O director Xosé María Docobo confía en que as condicións metereolóxicas de outono permitan realizar bos avistamentos: “As datas das sesións prácticas de observación astronómica fixaranse en base as condicións metereolóxicas. No caso de que o día 2, día de inicio do curso, o ceo, como se prevé, estea despexado é probable que xa montemos os telescopios e fagamos xa a primeira das sesións prácticas”.
O Curso teórico- práctico de iniciación á Astronomía desenvolverase os días 2,7,9,14 e 16 de outubro na Casa da Cultura de Bertamiráns en sesións de 20:00 A 21:00 horas. O observatorio astrolóxico encargarase de traer a Ames os telescopios e todo o necesarios tanto para as clases teóricas como para as prácticas. Hai 30 prazas dispoñibles para persoas maiores de 14 anos. Os interesados/as poden inscribirse ata o 30 de setembro través do teléfono da Aula da Natureza 660 004 665 ou a través do enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.org.




