[31-05-2016] Dende o pasado 24 de maio o Concello de Ames, como membro da Rede Española de Cidades Saudables, colaborou na difusión de información sobre a Semana sen fume. Esta iniciativa parte da Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria, apoiada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Ademais, este martes, 31 de maio, conmemora o Día mundial sen tabaco animando aos traballadores/as fumadores do Concello a formar parte dun programa para deixar de fumar. Tamén se fixo extensiva esta iniciativa a todos os grupos políticos municipais da corporación.
Baixo o lema Comezamos. Hoxe é un bo día!, a concellaría de Sanidade e o Comité de seguridade e saúde do Concello de Ames poñen en marcha un campaña na que se convida a todos e todas os/as traballadores/as fumadores/as e aos edís da corporación a formar parte dun programa para deixar de fumar. A finalidade desta iniciativa non é cuestionar o consumo de tabaco, senón promover unha campaña de sensibilización-motivación entre os traballadores/as, co único obxectivo de protexer e mellorar a súa saúde.
Todos aquelas persoas que estean interesadas, tan só teñen que cubrir uns test que xa se lle proporcionaron a todo o persoal municipal. Unha vez os teñan cubertos, hai que remitilos no prazo dunha semana ao departamento de Persoal. No momento no que na concellaría de Sanidade teñan as respostas poñeranse en contacto con cada traballador/a interesado/a para darlles a coñecer o plan de actuación.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Os traballadores amesáns, en loita contra o tabaco"




