Pestanas principais

Ames conmemora o Día do Libro cunha solta de obras recompiladoras do Certame Literario pola Casa do Concello

Martes, 23 de abril de 2013

[23-04-2013] O Concello de Ames sumouse a conmemoración do Día Internacional do Libro, que se celebra este martes 23 de abril, cunha solta de libros pola Casa Consistorial. A veciñanza amiense que acuda ás dependencias da Casa do Concello poderá coller algúns dos libros que están colocados no mostrador das Oficinas Xerais de Rexistro. As obras que se poden obter son os libros de recompilacións dos traballos que resultaron premiados na oitava e novena edición do Certame Literario Concello de Ames. Ademais, esta mañá a Escola Infantil O Bosque acolleu unha exposición de contos co obxectivo de que os rapaces se achegasen aos libros e se familiarizasen con eles.


No marco das celebracións con motivo do Día do Libro, a Escola Infantil O Bosque de Bertamiráns tamén levou a cabo outras actividades pensadas para os máis pequenos. Deste xeito, na última semana os rapaces puideron levar dos seus fogares os contos que máis lles gustan para poder compartilos cos seus compañeiros de clase. Ademais, na xornada de hoxe, o patio da Escola acolleu unha exposición de contos co obxectivo de que os rapaces se achegasen aos libros e se familiarizasen con eles.

Esta actividade forma parte do extenso programa formativo e de actividades para a infancia que desenvolve a Escola Infantil Municipal O Bosque. Esta semana, os pais e nais poden ver unha reportaxe fotográfica de todas estas actividades na porta de entrada á escola e os que queiran poderán facer copias das fotos que máis lles gusten.

O mes de abril é o mes da literatura en Ames. A concellaría de Cultura deseñou un completo programa de actividades para conmemorar o Día do Libro. Os actos principais realizáronse o sábado pasado co desenvolvemento do programa de Literatura na Praza, que tivo un gran éxito de participación. Ademais, na xornada de hoxe realizouse unha solta de libros na Casa do Concello. Os veciños e veciñas que acudan ás Oficinas Xerais de Rexistro poderán obter algún dos libros de recompilacións dos traballos que resultaron premiados na oitava e novena edición do Certame Literario Concello de Ames.

Por outra banda, os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal O Bosque de Bertamiráns celebraron con diversas actividades o Día Internacional do Libro, que se conmemora en todo o mundo. Os alumnos e alumnas de 1 a 2 e 2 a 3 anos visitaron a biblioteca municipal de Bertamiráns. Unha vez alí, puideron escoitar o conto 'A que sabe a lúa', da editorial Kalandraka. Ademais, o persoal da Biblioteca municipal puxo ao seu alcance varios contos, dos que puideron gozar durante esta visita.