Pestanas principais

Ames conmemora o Día da Muller cun acto que se desenvolverá o 8 de marzo no Pazo da Peregrina

Sábado, 04 de marzo de 2017

[04-03-2017] Ames conmemora o Día Internacional da Muller cun acto que se desenvolverá o próximo mércores, 8 de marzo, no Pazo da peregrina de Bertamiráns. En dito acto presentarase o terceiro plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2019 e o programa Muller e saúde. A poeta de Ames, Filomena Fraga, lerá o manifesto da corporación municipal e haberá música a cargo do coro Son Elas e das pendereteiras do programa Amessan.

O goberno municipal fai un chamamento de apoio e convite a participar nos actos organizados pola Plataforma Feminista Galega, que se van a desenvolver este domingo, 5 marzo, ás 12:00 horas, en Santiago de Compostela. Haberá unha manifestación do Día da loita feminista que sairá da rúa do Hórreo, fronte á estación do tren. Ademais, o mércores, 8 de marzo, ás 12:00 horas, a Plataforma Feminista Galega de Ames organiza un paro de mulleres. Para elo convocase a todas as persoas que se queiran sumar a esta iniciativa a que acudan á praza do Concello, en Bertamiráns, cun cartaz que exprese algún motivo polo se secunda dito paro.

Por outra banda, o Concello está organizando un acto de conmemoración do Día Internacional da Muller, no que se presentará o terceiro plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2019 e o programa Muller e saúde. A poeta de Ames, Filomena Fraga, lerá o manifesto da corporación municipal e haberá música a cargo do coro Son Elas e das pendereteiras do programa Amessan.

A concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, anima a todos os veciños e veciñas de Ames a que acudan a estas iniciativas en prol da loita feminista. Ademais, convida á veciñanza ao acto que se celebrará o vindeiro mércores ás 20:00 horas no Pazo da peregrina. “Presentaremos o terceiro plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, que terá un vixencia de dous anos, 2017-2019, e ademais, darase a coñecer o novo programa de Muller e saúde. Tamén haberá música a cargo de dúas agrupación s formadas por mulleres como son o coro Son Elas e as pandereteiras do programa municipal Amessan”.