Pestanas principais

Ames conmemora o Día da Árbore cunha actividade de micorrización no monte escolar de Trasmonte

Martes, 21 de marzo de 2017

[21-03-2017] O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organizou unha actividade de cara a este sábado, 25 de marzo, para conmemorar o Día Mundial da Árbore. Levarase a cabo unha actividade de micorrización a través da introdución de inóculo de fungos comestibles (boletus edulis) no terreo. O micelio formado polo fungo se estende por debaixo da terra favorecendo o desenvolvemento das raíces das árbores e mailo nacemento de cogomelos nas parcelas do monte escolar. Trátase de contribuír de xeito simbólico á labor que comezaron os rapaces e rapazas amesáns hai 10 anos neste lugar. Porase a disposición de todos os veciños e veciñas un servizo de autobús. Para inscribirse nesta actividade hai que chamar ao número 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal

Dende a Concellaría de Medio Ambiente anímase a toda a veciñanza amesá a participar no acto de conmemoración do Día Mundial da Árbore que se vai a desenvolver este sábado, 25 de marzo, no monte escolar que está situado no lugar de Carballo, pertencente á parroquia de Trasmonte. Deste xeito, levarase a cabo unha actividade de micorricación a través introdución de inóculo micelar. O micelio do fungo (en concreto o boletus edulis) esténdese por debaixo da terra favorecendo o desenvolvemento das raíces das árbores e mailo nacemento de cogomelos nas parcelas do monte escolar. Está demostrado que a asociación dos fungos da terra e das raíces das árbores é beneficiosa para ambas partes.

O obxectivo desta actividade é fomentar o uso sostible do monte. Non só é importante realizar plantacións no monte se non tamén coidar das árbores plantadas. O monte escolar sitúase no lugar de Carballo, na parroquia de Trasmonte. Ocupa dúas parcelas que foron cedidas ao Concello por dúas veciñas amesás, Socorro García e Fina Casas. Nel o departamento de Medio Ambiente organiza actividades coas que quere ensinar e involucrar aos veciños e veciñas nun proxecto de valorización do noso monte.

Este ano cúmprese unha década dende que o alumnado dos centros de ensino de Ames plantarán ás primeiras árbores nestas parcelas do monte escolar, despois da vaga de incendios forestais que asolaron Galicia durante o verán de 2006. Trátase de contribuír de xeito simbólico á labor que comezaron os rapaces e rapazas amesáns hai 10 anos realizando un aproveitamento complementario do monte. Esta actividade está dirixida a todos os públicos (nenos/as e adultos).

Porase a disposición de todos os veciños e veciñas un servizo de autobús para achegarse ata o lugar de Carballo onde están situadas as parcelas do monte escolar. As persoas que queiran solicitar máis información ou inscribirse nesta actividade poden chamar ao número 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal Haberá que estar ás 10:45 na Casa da Cultura do Milladoiro e ás 11:00 na praza do Concello, en Bertamiráns.