Pestanas principais

Ames celebra o seu tradicional concerto de corais de Nadal

Sábado, 21 de decembro de 2013

[21-12-2013] Bertamiráns acolleu na noite de onte un concerto de Nadal no que se deron cita varias corais do municipio amiense. Decenas de persoas encheron a Casa da Cultura para asistir ás actuacións que ofreceron a Coral Antonio Santomil de Bugallido, a Coral de Piñeiro-Ames, a Coral Lojo Batalla de Tapia, a Coral Nosa Señora do Corpiño de Oca e a Coral do Club de Xubilados e Pensionistas do Milladoiro.


Tras estas interpretacións, tocoulle a quenda ao Coro Lojo Batalla de Tapia, que se fundou hai uns anos, coa idea de cantar as misas parroquiais. Basicamente, interpretan música relixiosa, participando activamente nas misas das parroquias veciñas e nos concellos de Santiago e Boqueixón. Na actualidade, o coro está formado por 18 voces e dirixido por Felisa Regueira Vázquez. Neste concerto de Nadal, ofreceron as seguintes pezas: Vamos madre, El Buen Rabadán, Fisterra e Foliada de Santigo.

Panxoliña de Oca

O Concerto de Corais de Nadal de Ames continuou coa actuación do Coro da Nosa Señora do Corpiño de Oca, unha agrupación que, desde os seus inicios a principios da década dos 2000, dedicase a poñer música ás liturxias que se celebran na capela. Está composto por mulleres de dita aldea e ten actuado en festivais benéficos. Na actualidade, está dirixido por Miguel Ángel Sánchez del Río. Na súa actuación, interpretaron: Preparad el camino, un canto de Advento de Mariano Fuertes; a canción Navidad, de Leopoldo González; a peza popular aragonesa Vamos pastorcillos; e o tema popular galego Imos levarlle. Ademais, cantaron a Panxoliña de Oca, unha canción popular que se cantaba na aldea de Oca e os seus arredores durante a Noiteboa e a noite de Reis. A súa melodía revela unha orixe que posiblemente se remonte ao século XVIII.

O festival finalizou coa actuación da Coral do Club de Xubilados e Pensionistas do Milladoiro. Este coro foi fundado no Milladoiro pola asociación JUPEMI en marzo de 2013. Conta agora mesmo con 20 compoñentes con moitas ganas e ilusión. Esta dirixido por Pilar Martínez, profesora de canto da Escola de Música Municipal de Ames. Este grupo interpretou a canción de Nadal, Santa Claus llegó a la ciudad.

A Coral Polifónica de Bugallido, que en 2011 celebrou o corenta aniversario da súa fundación, está composta por un total de 32 voces mixtas e conta cun repertorio que abarca todo tipo de polifonía: música popular galega, habaneras, música sacra, renacentista, etc. Ao longo da súa exitosa traxectoria, a coral ofreceu concertos por toda Galicia e fóra da comunidade. Nos últimos anos, cabe resaltar a súa actuación na Catedral de Santiago, no mes de maio de 2010, e na Catedral de Oviedo, no mes de outubro do mesmo ano. Na actuación de onte, esta formación interpretou as cancións Entrai pastores, de Fernandes Da Silva; Fuentecilla que corres (canción popular andaluza); Hodie, Christus natus est, de Louis Feltz; e Suite Comercial Navideña, de José Bernardo Álvarez.

O Coro parroquial de Piñeiro e o Coro parroquial de Ames participarán xuntos neste festival. Aínda que nun principio estes grupos tiveron andainas separadas son varias as circunstancias que os levaron a fusionarse. Os dous coros empezaron o seu percorrido no ano 2002 da man da mesma mestra, Anxos Renieblas, e con idéntico obxectivo: formar un grupo que acompañase e amenizase as distintas celebracións eucarísticas nas respectivas parroquias. Co paso do tempo fóronse unificando repertorios, saídas e celebracións de xeito que na actualidade comparten todo tipo de actuacións formando así un grupo dinámico, con representación de distintas idades e caracterizado polo acompañamento de guitarras e percusión o cal os diferencia das corais máis tradicionais. Na súa actuación deste venres, os dous coros interpretaron as cancións: Nadal de Luíntra, Cuando los Reyes, O burriño sabanero, El estornudo de Santo José.