Pestanas principais

Ames celebra o Día de Rosalía de Castro cunha gala protagonizada por alumnado dos centros educativos e pola cantautora Sheila Patricia

Martes, 24 de febreiro de 2026

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu onte, 23 de febreiro, unha gran festa rosaliana, o evento central das actividades organizadas polo Concello para conmemorar o mes da autora. A Gala Rosalía, que contou cunha gran participación da veciñanza e do alumnado dos centros educativos de Ames, puxo en valor a figura da escritora e a súa vinculación co concello. Canda a veciñanza de Ames, na gala participaron o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, a concelleira de Educación, Beatriz Martínez, e concelleiros/as do goberno municipal e dos grupos municipais do Partido Popular e do BNG. O acto pechouse cun concerto da cantautora Sheila Patricia. Pódese acceder á galería completa de imaxes na seguinte ligazón.

A cerimonia estivo chea de música, teatro e poesía. A cantautora Sheila Patricia, que foi a encargada de conducir a gala, combinou a música coa poesía. Ao longo da gala foi interpretando diferentes poemas rosalianos ao tempo que ía dando paso as diferentes actuacións do alumnado dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria do concello para recitar, bailar, cantar e teatralizar textos de Rosalía. Cómpre destacar que o decorado do escenario foi elaborado polo alumnado do CEIP A Maía.

O acto abriu cunha representación teatral do alumnado do CEIP A Maía. Un grupo de 19 alumnos e alumnas, Miudiños da Maía, representaron a obra de teatro Miña nai, miña naiciña. De seguido, o alumnado de 6º de educación primaria do Agro do Muíño interpretou a versión de Malamente, de Rosalía, fusionada co poema Castellanos de Castilla, de Rosalía de Castro, baseada no cover de MJ Pérez e con música de Rosalía Vila Tobella.

A continuación foi a quenda do alumnado do CEIP de Barouta que xunto ao seu director, Alonso Caxade, interpretaron unha regueifa de creación propia na que se vía unha controversia entre a nosa Rosalía e a cantante catalá Rosalía Vila Tobella. Tamén participou o alumnado e profesorado da EEI do Milladoiro que elaborou un vídeo no que se destacou a importancia e relevancia de Rosalía de Castro como figura literaria universal.

Ademais, contouse coa colaboración de Cándido González, empresario de Ames gañador do Premio Lingua e Empresa 2025, na categoría de uso consolidado da lingua. Cándido González recitou o poema rosaliano De Valde.

Na gala tamén participou alumnado dos institutos de Ames. Primeiro subiron ao escenario tres alumnas do IES do Milladoiro, dúas delas Dores D. e Laura G. recitaron o poema Xan, mentres que Vera R. acompañou coa música do seu violín. De seguido, foi a quenda de cinco alumnos/as do IES de Ames, de Bertamiráns, xunto co seu profesor Carlos Negro. Este alumnado recitou Fodechinchos na Meseta, unha versión actualizada de Castellanos de Castilla.

Por último, interviron a concelleira de Educación e Mocidade, Beatriz Martínez, que recitou o poema Miña casiña, meu lar; e o alcalde, Blas García, que leu a poesía Tecín soia a miña tea.

O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, agradeceu “a participación dos centros educativos de Ames, dos compañeiros de corporación, de Cándido... e obviamente a Rosa, técnica de Normalización Lingüística, e Sonia, técnica de Turismo, polo traballo que fan cada ano na programación de Rosalía, non só nesta gala, senón tamén  no resto de actividades coas que se pon en valor a figura de Rosalía. Estes actos, ademais de homenaxear a autora e de achegar a súa figura e a súa obra á veciñanza, teñen como finalidade transversal promover o uso da lingua, especialmente entre a poboación máis nova”.

O acto pechou cun concerto homenaxe a Rosalía da cantautora Sheila Patricia, unha das voces máis potentes e coidadas da nova canción galega, que bebe do imaxinario colectivo da tradición oral e das mulleres que a precederon. Sheila Patricia intercalou temas do seu último disco con poemas musicados da autora homenaxeada. 

Novas relacionadas

amsGO!: "Gala do día de Rosalía"

Ames celebra o Día de Rosalía de Castro cunha gala protagonizada por alumnado dos centros educativos e pola cantautora Sheila Patricia

Multimedia

  • Ames celebra o Día de Rosalía de Castro cunha gala protagonizada por alumnado dos centros educativos e pola cantautora Sheila Patricia