Pestanas principais

Ames celebra o Día da Seguridade Viaria cunha programación de actividades infantís

Luns, 31 de maio de 2021

A Concellaría de Mobilidade, coa colaboración da Policía Local, organiza un proxecto educativo para concienciar aos nenos e nenas sobre as normas básicas de seguridade viaria. Celebrarase o sábado 12 de xuño cunha serie de actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos. A xornada terá lugar no Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Para asistir é preciso inscribirse, antes do 11 de xuño ás 12.00 horas, enviando un email a mobilidade@concellodeames.gal indicando nome e idade do neno ou nena. O/as participantes deberán levar bicicleta, casco e máscara.

O sábado 12 de xuño, os nenos e nenas de Ames, de 6 a 12 anos, teñen unha cita no Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Co motivo da celebración do Día da Seguridade Vial, o concello de Ames ven de organizar unha serie de actividades infantís. 

A xornada comezará co “Xogo do carné por...”. Trátase dun simulacro nun circuíto de exame para conseguir o carné. Unha vez obtido, os rapaces e rapazas demostrarán as súas capacidades para conservar ou perder puntos.

Os participantes serán agasallados co “Xogo da Curuxa Maruxa”, un xogo de mesa con mensaxes sobre seguridade viaria e diferentes sinais de tráfico que farán chegar á meta . Tamén se entregarán fichas para os/as máis pequenos/as “Colorea sinais coa curuxa Maruxa”

Día da Seguridade Viaria

Cada ano celébrase este día coa esperanza de que ao ano seguinte as cifras de sinistros e falecidos nas estradas diminúa. Para que isto suceda é moi importante a responsabilidade individual e a conciencia cidadá cumprindo as normas emitidas polas autoridades.  297 falecementos puideron evitarse co uso do cinto de seguridade ou do casco. 

O obxectivo é concienciar aos máis pequenos sobre as normas básicas que se deben seguir nos desprazamentos a pé, en bicicleta ou nun medio de transporte público. 

Un pouco de historia

En outubro de 1769, probouse en París o primeiro coche da historia, era un triciclo que funcionaba a vapor e comenzaría a substituír os coches de cabalos, pero a sociedade da época non estaba de acordo en que as persoas tiveran o control da condución e polo tanto da seguridade, pensaban que os cabalos evitaban colisións e os humanos non serían capaces.

Non estaban moi equivocadas as persoas que así pensaban, pois a principios do s. XX os accidentes de tráfico se converteron na primeira causa de morte accidental en Estados Unidos, case todos por culpa do condutor/a (exceso de velocidade, alcohol,..). este feito puxo de manifesto a necesidade de crear unha serie de normas para ter control sobre o comportamento dos/as condutores/as. Nacía así a seguridade viaria, definida como : “Estado ou situación caracterizados pola ausencia de todo dano ou perigo para a vida e integridade das persoas e os seus bens no ámbito do tráfico ou circulación viaria”.

En España, a evolución foi a seguinte: 

  • 1900: apróbase o Regulamento para o Servizo de Coches automóbiles polas Carreteras do Estado.

  • 1923: chega o primeiro semáforo.

  • 1959: Volvo comeza a instalar o cinto de seguridade de tres puntos (reduce nun 90%  o risco de falecer  nun choque frontal)

  • 1968:  convención de Viena sobre Sinalización viaria (unificación de deseños de sinais , melloras nas medidas de seguridade nas estradas e aplicación de normas comúns).

Ames celebra o Día da Seguridade Viaria

Multimedia

  • Ames celebra o Día da Seguridade Viaria