Pestanas principais

Ames adxudica as obras de reparación de varios parques infantís

Venres, 08 de agosto de 2014

[08-08-2014] O Goberno amiense, reunido en Xunta de Goberno Local, deu luz verde á aprobación das obras de reparación e adecuación de tres parques infantís do municipio nas que se investirán un total de 51.307 euros. Estes traballos estaban contemplados no Plan de Obras e Servizos complementario da Deputación correspondente ao exercicio 2013 e, grazas aos aforros conseguidos nas restantes licitacións, poderán acometerse agora.

Os parques nos que se realizarán as obras de reparación e adecuación son o parque infantil situado na Praza de Chavián, en Bertamiráns; o ubicado na praza que está limitada polas rúas Agro da Madalena, Agro do Medio e Viorneira (máis coñecida como Praza de Correos), no núcleo do Milladoiro, e o parque infantil da urbanización Agro do Muíño, na parroquia de Ortoño.

Trátase de tres parques moi empregados debido a súa situación. O da praza de Chavián é o máis concorrido de Bertamiráns, debido a súa situación nas inmediacións da Casa da Cultura e do centro de saúde. O mesmo acontece co da praza de Correos do Milladoiro, situado no centro do núcleo urbano e próximo tamén ao centro de saúde. Por último, na urbanización Agro do Muíño, situada na parroquia de Ortoño, existe un colexio nas inmediacións do parque, polo que á afluencia de público infantil procedente da propia urbanización únese á que vén da saída do colexio.

Obras a realizar
No parque de Agro do Muíño as actuacións consistirán na retirada do pavimento de grava, que existe na actualidade e que ocupa unha superficie total de 147 metros cadrados, e substituirase por lousas de caucho. Antes da colocación do pavimento de caucho haberá que realizar unha soleira de formigón sobre a que se colocarán ás devanditas lousas de caucho. Ademais, inclúese a colocación dun valado perimetral que delimite a área de xogos.

Nos parques da praza de Chavián e do Milladoiro prevese a retirada do pavimento actual de lousas de caucho, a posterior limpeza e preparación da soleira de formigón e a posterior execución de pavimento de caucho continuo para garantir a amortiguación das posibles caídas dos nenos/as.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames tiene el doble de parques que parroquias y acomete su mejora"
La Voz de Galicia: "Ames empleará 50.000 euros en la mejora de tres parques infantiles del área urbana"
El Correo Gallego: "Ames adxudica as obras de reparación de varios parques infantís"