[30-07-2014] O Concello de Ames, en Xunta de Goberno Local, adxudicou á empresa Norprevención SL o servizo municipal de prevención de riscos laborais. Posteriormente, formalizouse o contrato coa empresa adxudicataria deste servizo o pasado 16 de xullo. Tras estes trámites a nova adxudicataria comezará a prestar os seus servizos a partir do día 1 de agosto. A este proceso de licitación presentáronse un total de seis empresas das cales a que obtivo unha maior puntuación foi a empresa Norprevención SL.
O Concello de Ames iniciou o proceso de licitación do servizo de prevención de riscos laborais co obxectivo de previr e protexer a todo o persoal municipal co que na actualidade conta este concello fronte calquera risco que poida ocasionar calquera actividade que desenvolvan dentro da súa área de traballo.
A prevención de riscos laborais é saúde, benestar físico, psíquico e social, así como a ausencia de enfermidades no traballo, ademais da prevención do risco, dano ou perigo laboral, sendo un deber do Concello de Ames protexer aos traballadores municipais fronte aos riscos laborais proporcionando información, consulta, participación e formación en caso de risco grave e inminente. Deste xeito, sacouse a licitación mediante procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, o devandito servizo de prevención de riscos laborais.
O Concello de Ames, en Xunta de Goberno Local, adxudicou á empresa Norprevención SL o servizo municipal de prevención de riscos laborais. Posteriormente, formalizouse o contrato coa empresa adxudicataria deste servizo o pasado 16 de xullo. Tras estes trámites a nova adxudicataria comezará a prestar os seus servizos a partir do día 1 de agosto. A este proceso de licitación presentáronse un total de seis empresas das cales a que obtivo unha maior puntuación foi a empresa Norprevención SL.
O alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou que “este contrato enmárcase dentro do plan de mellora de contratación municipal iniciado no ano 2013, que ten como obxectivo organizar os servizos e contratacións do Concello de Ames”.
O acordo de clasificación de empresas notificóuselle ao Comité de empresa, á Xunta de persoal e ao Comité de seguridade e saúde, para cumprir co previsto no apartado 1 do artigo 33 da Lei de prevención de riscos laborais.
O contrato coa empresa adxudicataria terá unha duración inicial de dous anos prorrogable expresamente por períodos dun ano, por mutuo acordo das partes, ata un máximo de catro anos (incluído o período inicial e prórrogas).
Como novidade, a nova empresa concesionaria do servizo disporá dunha unidade móbil, que se desprazará ata os diferentes centros de traballo do Concello de Ames, para realizar os correspondentes recoñecementos médicos. Unha vez realizados, os traballadores municipais poderán acceder a unha páxina web onde poderán comprobar o resultado de ditas revisións.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Ames destina 14.000 euros al año al servicio de prevención de riesgos laborales"