Pestanas principais

Ames acumula o terceiro mes de caída consecutiva do paro dende inicios de 2015

Martes, 05 de maio de 2015

[05-05-2015] A cifra de desempregados no mes de abril descendeu en Ames un 6,12 por cento en relación ao mesmo período do ano anterior. O municipio acumula o terceiro mes de caída consecutiva do paro dende inicios de 2015.

Segundo recolle a Consellería de Traballo da Xunta son 2.619 as persoas sen emprego –64 menos que no mes anterior–. Destas, 53 atoparon traballo no sector servizos dende o mes de marzo. A construción e a industria acumulan respectivamente 316 e 235 parados, mentres que a agricultura e a pesca mantéñense nos 29 desempregados. A porcentaxe de mulleres sen traballo supera á dos homes, acadando o 56,54 por cento.   

O alcalde de Ames, Santiago Amor, reafírmase en que a tendencia de creación de emprego “vai a máis”. “Mes a mes imos vendo como a xente se vai ocupando e aumentan as esperanzas de atopar traballo”, indica o rexedor.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El paro baja en Ames por tercer mes consecutivo y afecta a 2.619 desempleados"