[21-06-2011] O novo parque do río Ameneiral, situado entre as rúas O Rueiro e Ameneiral, acolleu durante esta fin de semana a segunda proba do circuíto galego de volei praia. Os encontros disputáronse nas modalidades de dúo e trío (masculino e feminino). A competición desenvolveuse o sábado 18 e o domingo 19 de xuño, a partir das 10:00 horas, e durante todo o día. Na xornada do sábado disputáronse os partidos da categoría sub 15, mentres que o domingo foi a quenda da categoría sub 17. Para elo, instaláronse tres campo polo que se puideron disputar varios partidos de xeito simultáneo. Este torneo estivo organizado polo Bertamiráns FC e pola Federación Galega de Voleibol, en colaboración co Concello de Ames.
Por primeira vez Ames acolleu unha proba do circuíto galego de volei praia. O evento tivo lugar durante os días 18 e 19 de xuño no novo parque do río Ameneiral, situado entre as rúas O Rueiro e Ameneiral. Durante a xornada do sábado disputáronse os encontros correspondentes a categoría sub 15, mentres que o domingo xogáronse os partidos da categoría sub 17. Todos os partidos disputáronse a partir das 10:00 hora e ao longo de todo o día. Ao dispor de tres campo puidéronse xogar varios encontros de xeito simultáneo. No torneo participaron arredor de 200 deportistas.
Este evento estivo organizado polo Bertamiráns FC e a Federación Galega de Voleibol. Ademais contou co patrocinio de BeiraSar e coa colaboración do Concello de Ames. O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, e a concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González, foron os encargados de facer entrega dos trofeos aos gañadores.
Este ano o circuíto galego de volei praia das categorías inferiores consta de catro probas por categoría e os encontros serán celebrados por toda a xeografía galega. A primeira proba tivo lugar o 4 e 5 de xuño, para as categorías sub 15 e sub 19 en Dumbría. A segunda proba, celebrouse o sábado 18 e o domingo 19 en Ourense, para as categorías sub 19 e sub 21. Este pasado fin de semana, nas instalacións de Bertamiráns, celebráronse os encontros das categorías sub 15 e sub 17.
A terceira proba será o 16 e 17 de xullo, a sede aínda está por confirmar e acollerá os encontros das categorías sub 17 e sub 21 e na xornada do domingo xogarán os equipos das categorías sub 15 e sub 19. A cuarta e última proba terá lugar en Dumbría, a data tamén está por confirmar, para as categorías sub 15 e sub 19 e na segunda xornada disputaranse os encontros das categorías sub 17 e sub 21.