Pestanas principais

Ames acollerá este xoves, 21 de setembro, a primeira charla-proxección da serie “El Final del Camino”

Luns, 18 de setembro de 2017

[18-09-2017] A Deputación da Coruña, en colaboración con Voz Audiovisual, organiza unha serie de charlas – proxección en 14 concellos da provincia sobre o o proceso de elaboración da serie “El Final del Camino”. A través deste ciclo, a institución provincial pretende achegar aos coruñeses e coruñesas un capítulo de gran importancia da historia de Galicia como foi a construción da Catedral de Santiago, así coma unha oportunidade para descubrir o sector audiovisual galego. O concello de Ames acollerá a primeira destas charlas, que se celebrará este xoves. 21 de setembro, ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Milladoiro. A entrada será totalmente gratuíta.