Pestanas principais

Ames acolle o I Torneo Camino De Santiago de Croquet

Xoves, 02 de setembro de 2021

Os días 3, 4 e 5 de setembro, o Real Aeroclub de Santiago será o escenario do I Torneo Camino de Santiago de Croquet GC, unha competición na que se conta coa participación dos mellores xogadores de España, entre os que destaca Jose Álvarez Sala, Campión de Europeo. O campionato ampárase  pola Federación Española de Croquet.

As instalacións do Club compostelano en Ames gozan dun campo no que se pode xogar desde maio de 2020. A pandemia frenou a posta en marcha da actividade pero permitiu que, polo mantenimento ininterrumpido, hoxe se poida ofrecer un campo de nivel que unha competición deportiva como esta esixe.

Ames convírtese nun lugar idóneo para ser sede de competicións de croquet xa que, desde 2015, cando se federou o primeiro club de croquet en España, 5  clubs galegos practican este deporte. Trátase do Club de Campo en Vigo, o pioneiro, o Real Aeroclub de Vigo, o Real Club de la Toja, o Aeroclub de Santiago e o Real Club da Coruña. Galicia é unha das comunidades con máis clubs federados, maior número de campos e grandes xogadores como Carlos Bruzon que encabeza o ranking galego.

O obxectivo do promotor e patrocinador, o empresario César Álvarez Fernández, presidente de IATECC e SOGASCA, é demostrar que o croquet é moito máis que un xogo. Tratáse dunha disciplina cunhas férreas reglas e  cun alto  nivel deportivo para poder acceder á inscrición.

César Álvarez Fernandez enfocou a proba como un premio en sí mesma. Os xogadores desfrutarán dunha cena o día 6 de setembro, entrega de trofeos, regalos… todo  pensado para premiar o estar entre os mellores de España.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "Fin de semana de Croquet nas instalacións do Aeroclub de Santiago en Ames"

I Torneo Camino De Santiago de Croquet