Pestanas principais

Ames acolle este domingo un curso gratuíto de defensa persoal feminina

Martes, 19 de outubro de 2021

A Concellería de Deportes colabora este domingo 24 de outubro, das 10.00 ás 13.00 horas, nun obradoiro de defensa persoal feminina no Ximnasio Pavillón municipal de Bertamiráns. O curso é de balde e está organizado pola Asociación de artes marciais Bujutsu Sosei. O prazo de inscrición xa está aberto e farase a través do teléfono 665 841 036, aportando nome e apelidos.

A formación está dirixida a mulleres a partir dos 16 anos e é apto para persoas sen coñecementos previos de artes marciais. Incluirá unha introdución inicial á seguridade integral e a continuación desenvolverá que facer e que non facer en situacións de perigo e de enfrontamento físico. Na actividade, de balde, colabora a Concellería de Deportes e está organizada pola Asociación de artes marciais Bujutsu Sosei.

O curso conta con 26 prazas distribuídas por orde de inscrición, que xa está dispoñible aportando nome e apelidos ao número de teléfono 665 841 036. Recoméndase ás asistentes levar roupa confortable para realizaren actividade física.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Defensa personal para 26 vecinas en Bertamiráns"

Ames acolle este domingo un curso gratuíto de defensa persoal feminina

Multimedia

  • Ames acolle este domingo un curso gratuíto de defensa persoal feminina