[28-11-2015] Este ano as luces de Nadal acenderanse dúas semanas antes do habitual. Decorarán as principais rúas do Milladoiro, de Bertamiráns e das parroquias amesás. A árbore de Nadal na praza Manuel Murguía, os máis de cen arcos das rúas, os arcos de Boas Festas e a iluminación das prazas dos núcleos urbanos e dos principais edificios municipais completarán a decoración das festas invernais.
Ames preparase para as festas de Nadal dúas semanas antes do habitual. As rúas das vilas que disporán da decoración son aquelas que concentran un maior número de paseantes, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. As prazas municipais, os farois e as fachadas dos principais edificios municipais engalanaranse tamén para as festas. A tradicional árbore de Nadal lucirá na praza Manuel Murguía do Milladoiro.
Os visitantes aos principais núcleos urbanos serán recibidos e despedidos con mensaxes de Boas Festas, que se situarán nas entradas e saídas dos principais tramos municipais. A inauguración da decoración terá lugar este domingo, 29 de novembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, trala clausura da X edición do Festival de Maxia cunha gala que terá lugar no mesmo edificio.
As luces prenderanse ás 20:00 horas, acendidas polos gañadores do Concurso de Cartas de Nadal que se celebrou en Ames o pasado ano. Yago Bouzas, da EEI do Milladoiro, e Candela Penedo, do CEIP A Maía, recibiron os seus premios o ano pasado das mans dos propios Reis Magos durante a Cabalgata.
Contido relacionado
El Correo Gallego:'Ames se adelanta a sus vecinos compostelanos y enciende las luces de Nadal'
La Voz de Galicia: 'Las luces navideñas se anticipan'