Pestanas principais

Ames acende as luces de Nadal

Sábado, 17 de decembro de 2011

[17-12-2011] Esta tarde ilumináronse por primeira vez luces colocadas nas rúas de Ames. Cun acto simbólico no que dous nenos premeron un interruptor o concello de Ames entra de cheo no Nadal. Este ano, malia as dificultades económicas, o Concello puxo en marcha unha campaña para potenciar o comercio en Ames así coma un amplo programa cultural para tódolos públicos pero pensado especialmente para os nenos e nenas. En total son 71 adornos de Nadal os que se colocaron, entre arcadas e árbores, en distintos puntos do municipio. Ademais das rúas das localidades de Milladoiro e Bertamiráns, tamén as entradas ás aldeas, as Casas da Cultura, e a fachada da Casa do Concello se iluminarán neste Nadal.

O acendido simbólico das luces realizouse na tarde deste venres 16 de decembro ás 19.00 horas e a partir de agora os 71 adornos acenderanse cada noite ata o día 7 de xaneiro. O custe total da iluminación este ano é duns 21.000 euros, entre o que aportan as asociacións de comerciantes por medio dunha subvención municipal, e o que aporta o Concello directamente.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames estrenó un alumbrado navideño con 71 adornos"