[26-08-2011] A parroquia amiense da Ameixenda celebra o 26, 27 e 28 de agosto as festas na honra da súa patroa santa Mariña. Moito divertimento e música para unha festividade onde os veciños/as poderán gozar deste evento con espectáculo deportivo e baile. Entre outros atractivos destaca o partido de fútbol que terá lugar o sábado pola tarde entre solteiros e casados.
O venres 26 de agosto comezará a festa na honra de santa Mariña, patroa desta parroquia amiense. Os actos relixiosos se iniciarán ás dez da mañá coa misa rezada e posteriormente a unha do mediodía coa misa solemne. Porén, non todo vai a ser relixiosidade polo que tras estes acontecementos terá lugar a sesión vermouth a cargo da orquestra Óbice. Pola noite, a gran verbena será a encargada de entreter aos asistentes, responsabilidade que correrá a cargo dos grupos musicais Óbice e Armonía Show, este último número un en Canarias.
O sábado os actos relixiosos se celebrarán a mesma hora mais esta vez estarán adicados ao Santísimo Sacramento. O aperitivo estará acompañado de música grazas a presenza da orquestra Tambo, grupo que xunto con Océano encherán de son a xornada de verbena. Este mesmo día pola tarde, concretamente ás seis da tarde, está prevista a disputa do partido de fútbol entre solteiros e casados que promete ser un encontro moi disputado.
O último día das festas, o domingo 28 de agosto, as celebracións relixiosas estarán dirixidas a honrar a virxe do Rosario cunha misa rezada ás dez da mañá e a unha co acto solemne. A sesión vermouth e a verbena final contará coa orquestra Trole, que encherá de "luz e cor" este fin de festas da Ameixenda.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Ameixenda celebra hoy sus fiestas patronales"




